A Mariña, 6 de novembro de 2014.- O Partido Popular da Mariña salientou que, unha vez máis, os socialistas volven a chegar tarde, porque reclaman agora o arranxo da estrada nacional 642, aínda a pesar de saber que os presupostos xerais do Estado xa contemplan unha partida específica para esta obra.
INVESTIRANSE 1,2 MILLÓNS DE EUROS
Os populares non tiveron ningún problema en votar favorablemente á iniciativa de mínimos formulada polo PSOE no Parlamento de Galicia pero foron aínda máis lonxe, ao anunciar que, ademais dos 839.000 euros contemplados nas contas do Ministerio de Fomento para o ano próximo, a obra incluirá un orzamento moito maior, grazas a un convenio da Dirección Xeral de Carreteras do Estado, que elevará a inversión prevista nesta estrada nacional ata superar os 1,2 millóns de euros
SO SE ACORDAN DA MARIÑA CANDO NON GOBERNAN
Os populares lamentan que o PSOE tan só se lembre das estradas da Mariña cando non gobernan, ou cando se aproximan as eleccións. Neste senso, explicaron que durante os oito anos nos que os socialistas gobernaron non investiron un só euro nesta estrada, e tivo que ser o PP na primeira lexislatura de goberno Rajoy, o que proxecte e dote de presuposto a estas obras e arranxos.
NO PSOE CONTRARIOS AOS INVESTIMENTOS EN LUGO
Por outra banda, desde o PP volven a poñer de relevo a falta de coherencia do PSOE que en Lugo, desde a Deputación, chegan a pedir o desdobre en autovía dos corredores que a Xunta executa entre Monforte e Sarria e no tramo Celeiro San Ciprián, e desde Santiago, a través do seu portavoz de infraestruturas, Xosé Sánchez Bugallo, os socialistas se queixan da alta inversión da Xunta nas obras de estradas da provincia de Lugo e reclaman que ese presuposto se desvíe ao corredor do Morrazo.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



