O Auditorio Hernán Naval acolle o martes 11 de novembro ás 19.30 horas unha proposta cultural co noso patrimonio cultural como protagonista. A soprano Esperanza Iglesias e o pianista Aurelio Chao interpretarán “Oito cançoes sobre poemas de Rosalía” (Juan A. Moreno Fuentes) e “Seis Baladas Galegas” (Joao Montes) no concerto Que bela te deu Deus! sobre balada galega.
Balada galega no Hernán Naval