O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o lecer na súa cidade. Pon en marcha este venres 7 e o sábado 8 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar o fin de semana realizando compras nos 55 comercios participantes na campaña e gozar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumaría, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.
Os locais participantes son Óptica Rosario, Confecciones Xusto Vázquez, DK@tivos, Muebles Iglesias, Platax, Regalos Sulian, Madrás, Mis Personajes, Benetton, Caché, Chasis, Cuplé, Jonathans, Óptica Casariego, As Fidalgas, Tacóns, Kody, Kody Kids, Roupa, Calzados Albo, Albo Zapaterías e Albo zapatillería, Piti Deportes, Luxury, Óscar Rodríguez Joyeros, Deportes Cota, Roq Sport, Van Surf Shop, Fontana, Dandara, Canela Lencería, Ferretería Luís, Miss-tic, África Copias, Tendas Verdes, Librería Neira, Estanco Casanova, Foto Carlos, Joyería Paleo, Equivalenza Perfumes, Muebles Catá, Foto Oliver, O Zoco, Estanco Couceiro, Depidel, Hostelería Beiramar, Carnicería Mariño, Embutidos Villalba, Kandela Iluminación, Todoriginal, Naútica Beagle, Grafity, Nacar e Raquel Seijido.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de cor fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, librerías ou perfumerías. Deste xeito para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá gozar da campaña de descontos.
Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas deses dous días.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



