Este sábado 15 de novembro, ás 21.30 horas, a asociación cultural A Pomba do Arco celebra unha cea á cal quere convidar a toda aquela persoa que queira pasar unha boa noite en compaña e con espectáculo.
O lugar elixido será o restaurante A Xoíña e o menú estará composto por un primeiro prato de pescada en salsa, de segundo tenreira asada, postres caseiros, café e chupito, todo regado con viños Godello e Mencía. O menú infantil componse de pizza, tortilla, croquetas e calamares. Os prezos son de 25 € para os adultos e 10 para os nenos. As entradas pódense mercar na Pizzería A Xoiña, no restaurante A Xoiña e na Ferretería Fuentes.
Posteriormente os comensais poderán pasalo ben co derradeiro espectáculo da actriz galega Isabel Risco e cas cancións de Uxía Pedreira.
Con este acto A Pomba do Arco inicia os actos de conmemoración do 25 aniversario do nacemento da Pomba do Arco. Lonxe queda aquel 11 de outubro de 1989 no que A Pomba aparecía como asociación ca idea clara de defender o idioma galego e a cultura do noso país. Escollían como acto inicial da súa andaina unha mesa redonda na que participaban o maxistrado focense Xoán Xosé Barreiro Prado e a catedrática de lingua e literatura galega Pilar García Negro. O tema da mesa fora a situación do idioma galego no ensino e na maxistratura. Dúas décadas despois A Pomba reuniu nunha mesma aos mesmos poñentes que apadriñaran o seu nacemento para analizar polo miúdo os cambios experimentados polo idioma galego nesas dúas décadas.
Estes 25 anos de andaina da Pomba do Arco deron para moito e así lembramos aquel Nadal Lareeiro, un certame de contos en galego destinado a escolares de primaria do concello. Despois de doce edicións pasaron por este certame máis de 3000 escolares e entregáronse máis de 200 premios. Actualmente a Pomba do Arco ten unha sección dedicada exclusivamente a fomentar a lectura en galego aos máis pequerrechos e que lle chaman A Pombiña.
Outra publicación de éxito da Pomba do Arco foron as súas escolmas poéticas chamadas Pedimos a Palabra na que se recollían poemas de autores galegos de renome con poemas de poetas focegos e mariñáns. Esta publicación nacera das famosas Festas da Palabra na que A Pomba do Arco traía a Foz a autores galegos de renome para que explicasen ao público asistente a súa obra e para oílos recitar os seus poemas. Por Foz pasaron, grazas A Pomba, persoeiros como Lino Braxe, Fiz Vergara, Lois Diéguez, Luísa Castro, Pilar Pallarés, Xavier Baixeras ou Fernán Vello entre outros. Actualmente A Pomba do Arco continúa a potenciar a lectura en galego a través do seu Clube de lectura.
Tamén A Pomba abordou desexaba conservar e difundir a historia local, deste desexo naceron as Xornadas de Historia Local do Concello de Foz, que organiza esta asociación na primeira semana do mes de agosto, neste ano do 2014 celebrouse a décimo novena edición. Froito destas xornadas son as publicacións dos cadernos de historia focega chamados Bolanda. Pero tamén se lle debe A Pomba a recuperación, dixitalización e a edición facsimilar do periódico Guau Guau. Este era un periódico satírico que se publicaba no concello de Foz a principios do século XX e que despois de moito traballo A Pomba foi quen de recuperalo para o público en xeral.
Son moitas as actividades realizadas por esta asociación que nos quedan no tinteiro, tales como presentación de libros, discos, obras de teatro, contacontos ou monólogos, entre a que destacamos o seu famoso Touporroutou, no que se cantan coplas compostas pola xente de Foz e que narran, de maneira satírica, feitos acontecidos neste concello.
Tal vez sexa apropiado acompañar aos membros da directiva e aos socios da Pomba do Arco nesta cea en conmemoración do seu 25 aniversario.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



