A Conferencia Política de Espazo Ecosocialista sobre a construción de alternativas nos concellos, celebrada este sábado 8 de novembro de 2014, definiu as liñas xerais de intervención da proposta ecosocialista para as eleccións municipais de maio de 2015.
Reiterar unha vez máis que para Espazo Ecosocialista estamos diante dunhas eleccións de marcado carácter político pois forman parte do episodio de cambio político nos que se ten que dilucidar o resultado dun proceso constituínte aberto de facto e tamén porque os seus resultados van a ser determinantes no proceso de reconstrución que vive a esquerda democrática.
Nos últimos meses están a xurdir diferentes iniciativas cidadás na liña de como abordar ese novo tempo. Algunhas experiencias unitarias como ACE en Cangas; experimentación política a partir da necesidade de abrir un camiño, como Ames Novo; ou manifestos de cambio como Marea Atlántica na Coruña, son os máis significativos e marcan os pasos a dar.
Desde o primeiro momento Espazo Ecosocialista apoiou as diferentes iniciativas sen demandar a cambio ningunha contraprestación partidaria. Así membros e simpatizantes de Espazo participan da Marea Atlantica, da Marea de Vigo, de Marea Pontevedra, de Marea Ártabra, de Betanzos Novo, de Ames Novo, de AER-Redondela, de Compostela Aberta, de Ourense en Común ou de Ribadeo en Común.
Para Espazo, necesitanse procesos cidadás e inclusivos, onde os partidos que decidan somerxerse no medio das augas da Marea o fagan ‘diluíndose’ e cedendo a súa soberanía as cidadás. Non se trata de se a converxencia se produce nos marcos da esquerda ou dos do nacionalismo, pois situando a proposta programática na esquerda e sendo o carácter nacional o factor político para vertebrar hexemonías, a chave neste momento esta no factor democrático. Non abonda coa mera unidade como elemento agregativo de siglas, senón que cómpre a cooperación política entre espazos culturais e cidadáns.
A resolución, aprobada por unanimidade, apostase pola “construción de alternativas hexemónicas para nuclear o cambio, fuxindo do esquema de negociación e reparto multipartito de xestión”.
Ademais Espazo Ecosocialista apoia a aquelas iniciativas cidadás, aceptando os resultados dun proceso cos únicos condicionantes dun programa transformador no marco dunha nova democracia (período constituínte) e dunha metodoloxía radical democrática na elección das candidaturas (primarias abertas).
Promover, naqueles concellos onde non exista unha iniciativa cidadá coa mínima masa crítica , impulsar coalicións electorais con outras forzas democráticas, priorizando coas forzas do espazo AGE e con Podemos
A Conferencia Política de Espazo Ecosocialista aprobou ademais unha resolución en defensa dos dereitos democráticos dos e das cidadás de Catalunya.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



