A Deputación de Lugo e Economía Dixital, en colaboración co grupo El Progreso, celebrarán este xoves, 13 de novembro, ás 19:00 horas na Casa Sindical de Chantada, un novo debate do ciclo Galicia en clave económica, que, dende o pasado ano vén xuntando aos mellores expertos para analizar a situación socioeconómica de Galicia e os retos de futuro que se lle presentan.
A hora da agricultura ecolóxica é o novo debate, de asistencia gratuíta, no que se someterá a análise e debate, dende diferentes puntos de vista, a situación da produción agrícola ecolóxica en Galicia: cunha superficie de produción rexistrada de 14.000 hectáreas –das 600.000 de superficie agraria galega-; máis de medio milleiro de produtores e máis dun cento de elaboradores inscritos, a agricultura ecolóxica ten dado un importante salto cuantitativo nos últimos tempos, malia que aínda ten por diante moitos retos, como a súa adaptación ao novo regulamento europeo que entrará en vigor no 2017; ou a dinamización da comercialización destes produtos nos mercados interiores.
Estes aspectos serán debatidos polos expertos participantes, que nesta ocasión serán:
– José Antonio Fernández Álvarez, presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, organismo encargado de outorgar a certificación de produción ecolóxica.
– José Luis Olmedo, técnico de Customdrinks, planta de produción de sidra de mazá ecolóxica, que merca a pequenos produtores locais que continúan a cultivar mazá sidreira de xeito tradicional
– Patricia Ibarra Lloves, responsable da feira de produtos ecolóxicos máis importante, Ecological Galicia, que tamén presentará un novo proxecto de desenvolvemento agrario, Hortoglobal.
Coma en anteriores ocasións, o debate estará aberto ó público e a asistencia e gratuíta e libre ata completar aforo.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



