SAN CIBRAO .- O Museo do Mar de San Cibrao foi o marco elixido polo delegado de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, para recoñecer o traballo á violinista, e “músico máis destacada da Escola Superior de Música Reina Sofía”, Nazaret Canosa. Antonio Veiga agasallou a xove violinista cunha “reprodución artesanal dunha zanfona, instrumento que malia non ser clásico representa unha tradición musical herdada do país galego”.
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA RECIBIU NO MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO A NAZARET CANOSA, ALUMNA MÁIS DESTACADA DA ESCOLA SUPERIOR DE MÚSICA REINA SOFÍA
O delegado de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, recibiu a esta moza xovense, afincada en Madrid polos seus estudos musicais, no Museo do Mar de San Cibrao, na primeira recepción oficial da Deputación que se traslada a este espazo museístico
LUGO, 12 de agosto de 2009. Esta mañá o delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, recibiu de xeito oficial no Museo do Mar de San Cibrao á violinista e músico máis destacada da Escola Superior de Música Reina Sofía, Nazaret Canosa. No acto de recepción, que é o primeiro que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo celebra no Museo do Mar, Antonio Veiga entregoulle á violinista xovense un pequeno agasallo, que consistiu nunha reprodución artesanal dunha zanfona, instrumento que malia non ser clásico representa unha tradición musical herdada do país galego.
Antonio Veiga estendeu a Nazaret Canosa os máis sinceros parabéns desde a Área de Cultura da Deputación, xa que “coa súa traxectoria representa un modelo para os máis novos afeccionados á música, demostrando que desde A Mariña tamén saen intérpretes que chegan ao máis alto nos seus estudos musicais”. Ao mesmo tempo, o delegado de Cultura da Deputación lembrou que en toda a comarca da Mariña estase a facer un intenso traballo de cara a que a educación musical sexa un firme complemento á educación obrigatoria, tomando como exemplo as numerosas escolas da música que existen por todos os concellos mariñaos. Antonio Veiga quixo agradecer a Nazaret Canosa o seu xesto de cara á Deputación, ao achegarse a un espazo como o Museo do Mar para compartir con todos e todas as lucenses os seus logros particulares, que de seguro servirán para motivar á mocidade na procura dos mellores resultados nos seus estudos musicais.
Nazaret Canosa, pola súa banda, dedicou unhas palabras de agradecemento á Área de Cultura da Deputación, na persoa do seu delegado Antonio Veiga, por haber celebrado este acto de recepción, dado que non son moi habituais este tipo de recoñecementos de institucións. Con modestia, Nazaret Canosa lembrou que toda a Mariña, e en especial Xove, eríxese como unha canteira a nivel galego que vai forxando sempre os mellores músicos novos de Galiza.
Nazaret Canosa, nada en 1983, ingresou con tan só dez anos na Orquestra de Cámara de Xove. Continuou a súa formación da man de Gregori Nedobora, violín principal da Real Filarmonía de Galicia e no 2001 ingresou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galiza, en Santiago de Compostela. Ao ano seguinte, seguindo coa súa progresión, incorporouse á “Joven Orquesta de España” e no 2006 finalizou con sobresaliente os estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Na actualidade atópase na Escola Superior de Música Reina Sofía, en Madrid, na que no pasado curso foi nomeada a alumna máis brillante, mención que cada ano se lle outorga ao músico máis destacado de toda a escola. De mans da Raíña recibiu Nazaret Canosa o seu galardón o pasado ano.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



