RECUNCHO DE ECONOMÍA. Os recortes dos dereitos da clase traballadora parecen non ten fin. Cando remata unha reforma laboral na que se pasou a desbrozadora a dereitos laborais adquiridos nunha longa andaina, xa moitos sectores comezan a pedir outra: dirixentes empresariais e organismos internacionais adoitan levar a voz cantante deste coro dos “recortadores”.
Nesta lexislatura, entre outras falcatruadas na lexislación laboral, o goberno do PP ampliou as causas dos despedimentos por causas “obxectivas” e teimou no desvencellamento dos convenios colectivos de sector, así como no afortalamento da dualidade no mercado de traballo: unhas persoas (cada vez menos) con contratos indefinidos a tempo completo…e outras que, para acceder ao mercado laboral, pasan anos con contratos temporais (mesmo por un día ou unhas horas) ou traballando a tempo completo… pero cobrando por un contrato a tempo parcial.
Impago do descando “do café”
Algunhas empresas, mesmo cuestionan o dereito dos “novos traballadores” ao tempo de lecer que teñen para tomar un “tentempé”. A Sala do social do tribunal Supremo ven de declarar discriminatorio o convenio colectivo da empresa de distribución Logista,que alegando razóns económicas, excluíu aos novos empregados do período remunerado de 30 minutos de descanso (para tomar o café, un bocadillo…) que teñen os demais traballadores desa empresa.
É nunha das moitas microempresas afogada polas débedas e a falla de financiamento pola Banca? Non. É nunha gran empresa, con máis de mil persoas asalariadas, quec otiza en Bolsa…e o prezo das súas accións subiron un 23% no que vai do ano 2014.
Chove sobre mollado
Non é a primeira vez que a Xustiza se pronuncia este ano sobre o “descanso do bocata”; no mes de maio, a Audiencia Nacional ( “Estatal”, diría eu) declarou a nulidade da política laboral dunha empresa que pretendía que as persoas asalariadasrecuperasen ese tempo de lecer de media hora; anulouna porque supoñía unha clara modificación dos contratos.
Parece que non ten límites a política de explotación laboral dalgúns empresarios, que aproveitan a crise para subir e subir a súa taxa de plusvalía a conta dos dereitos minguantes (tamén os económicos, pero non só) da súa poboación asalariada.
“Non hai pan para tanto chourizo”
Un dos eslogans do movemento do 15-M prendeu na cidadanía, que está cansa da precarización das condicións laborais, das subas de impostos e dos recortes en sanidade, ensino, servizos sociais… e máis do iceberg da corrupción que vai emerxendo máis e máis, camiño de fundir o Titanic do Estado de benestar.
Demasiado chourizo como para dar cocido pan de abondo para facer os bocadillos!
E se cadra é pola falla de pan… polo que algúns beneméritos empresarios mesmo queren suprimir o “descanso do bocadillo” para toda a clase traballadora.
Manuel Roca Cendán




















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



