Os Mariñáns seremos máis ricos neste recentemente inaugurado ano 2015, aínda que non nos tocou a lotería de Nadal nin o sorteo do neno. O 1 de xaneiro entrou en vigor a reforma fiscal do Goberno central que fará que os que vivimos entre o Eo e o Sor gañaremos unha media de 35 euros máis ao mes, o que posibilitará que teñamos un pizco máis de nivel adquisitivo, aínda que só sexa levemente.
Logo de fundirnos a impostos e cargas fiscais perante os tres primeiros anos de mandato, e malia prometer no seu programa electoral xusto o contrario, Mariano Rajoy perdóanos a vida e fáinola 35 euros máis barata cada mes.É evidente que se trata dunha medida interesada neste ano multielectoral, polo que xa nos vale que esixamos aos gobernos un ano de mandato no canto dos catro de rigor habituais.
Si cada ano houbese eleccións, os gobernantes competirían en aprobar medidas populistas como esta para agradar aos votantes. En periodos de catro anos nos cargan a impostos durante os tres primeiros e só aproban os regaliños no último para contentar ao persoal. Coma se a xente fose parva e só acordásese dos seus últimos xestos e non dos primeiros.
Desgraciadamente o goberno sempre conta con xente desmemoriada, olvidadiza ou simplemente imbécil, por moito que logo empéñense en repetir aquela frase tan vacia de que o pobo é sabio e sempre ten razón en democracia. Desgraciadamente nin é tan sabio, máis ben profundamente palurdo en moitas ocasións, nin sempre leva a razón. A proba máis palpable foi o que votou nas últimas eleccións ou nas penúltimas. Os grandes gañan sempre, polo menos ata agora, aínda que os alternativos xa empezan a facerlles ciligras. A ver si o que ri o último vai efectivamente a rir mellor.?
Otero Regal.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



