Santiago, 17 de xaneiro de 2015.- Os portos de titularidade autonómica de Galicia recibiron 7.781 barcos en tránsito durante o pasado ano 2014. Así o recolle o balance anual realizado por Portos de Galicia, o ente público responsable destas infraestruturas. Segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas autonómicas comprendidas entre Ribadeo e Baiona incrementaron nun 9% de media o número de embarcacións en tránsito respecto ao ano anterior. Así recalaron nos portos autonómicos un total de 7.129 barcos destas características.
Deste xeito, a costa galega confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa en 2013 un importante ascenso e que, no último exercicio, mellorou os seus resultados, acadando un novo récord histórico. Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, con predominancia das francesas, seguidas de británicas.
Nunha análise porto a porto, o peirao que recolleu maior número de tránsitos foi o de Muros, con 821; seguido de Camariñas, con 784; e Viveiro, con 569. Por municipios, o que recibiu máis embarcacións deste tipo foi Baiona, con 935 tránsitos entre os seus dous peiraos deportivos; seguido de Sanxenxo, cos 888 que suman entre as instalacións sanxenxinas e a de Portonovo.
Por comarcas, a Costa da Morte experimentou unha forte subida nos dous peiraos, Camariñas e Muxía, que rexistraron en 2014 un total de 784 e 306 tránsitos respectivamente, fronte aos 773 e 161 do ano anterior. Tamén destaca o incremento experimentado na ría de Arousa, onde se acadaron 1.078 tránsitos, un 12% máis que o ano anterior, entre os peiraos de Cabo de Cruz, A Pobra, Ribeira e Vilanova. Nesta zona, a cifra máis alta rexistrouse na Pobra do Caramiñal, con 566 tránsitos, e a principal subida en Cabo de Cruz (Boiro), que medrou un 160%, pasando de 109 en 2013 a 283 tránsitos no pasado ano.
Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Así, cómpre reseñar a participación de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle, ou o Salón Náutico de París.
De feito, resulta constatable a positiva repercusión destas accións desenvolvidas nos principais eventos náuticos de Francia e que se teñen traducido na consolidación da hexemonía dos tránsitos franceses en Galicia. Ante os resultados obtidos, Portos de Galicia ten previsto dar continuidade a estas accións en base á súa incidencia nas cifras de captación de actividade náutica para os peiraos galegos.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



