O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto coa Vicepresidenta, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, estivo este venres en Burela para informar da nova liña de colaboración do organismo provincial co sector pesqueiro, que destinará 150.000 euros á mellora de embarcacións adicadas á pesca da baixura con base en calquera dos portos da Mariña luguesa.
Estas axudas, que se suman á habitual achega anual que reciben todas as cofradías de pescadores e asociacións de marisqueiras, así como a Federación Provincial de Cofradías, supoñen “unha resposta inmediata ás solicitudes feitas polos veciños nos presupostos participativos”, e convirten á Deputación de Lugo, tal e como destacou Gómez Besteiro, “na única Administración local de Galicia en contar cunhas axudas deste tipo, coas que o sector poderá acometer melloras que revirtan no aumento da competitividade das preto de 100 embarcacións de pesca de baixura inscritas na nosa provincia e as condicións dos preto de 400 lucenses que viven directamente dela”.
O Presidente quixo destacar, así mesmo, que estas axudas -incluídas no Plan Estratéxico de Subvencións-, benefician directamente aos pescadores de baixura, “a quen vive directamente do mar e que, ou ben adoitan quedar fóra das axudas doutras administracións ao ter que competir con grandes armadores, ou ben estas son moi restritivas con respecto ás actuacións subvencionables”.
O encontro contou coa presenza de todos os representantes do sector: Sergio López, Secretario da Federación de Cofradías de Pescadores da Mariña; Javier Sánchez; Juan José Lestegás; Domingo Rey; José Basilio Otero e María Faustina Solloso, presidentes das cofradías de San Cibrao, Foz, Celeiro e Burela e O Vicedo, respectivamente, así como Isabel Fernández Armesto, Presidenta da Asociación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros.
Axudas a preto dun cento de embarcacións
Estas axudas estarán dirixidas ás embarcacións que se adiquen á pesca de baixura na provincia, isto é, que teñan como porto base calquera dos 8 existentes (Burela; Celeiro; Viveiro; San Cibrao; Ribadeo; O Vicedo; Foz, e Rinlo). O seu obxectivo é prestar axuda económica para levar a cabo melloras nas embarcacións: de tipo tecnolóxico (equipamentos de radio; ecosondas, etc.); aquelas outras encamiñadas ao aumento da seguridade dos tripulantes; as melloras nos aparellos e útiles de traballo ou nos equipamentos complementarios, de cara a incrementar a produtividade do barco, así como a calidade e seguridade alimentaria da pesca ata a súa chegada a porto.
Acesso e criterios de puntuación
Para optar a estas axudas, que subvencionarán ao 100% as actuacións que se leven a cabo ata un máximo de 3.000 euros por barco, os seus propietarios deberán contar co permiso de explotación, e as embarcacións obxecto de mellora terán que estar inscritas no Rexistro de Buques Pesqueiros, como barco de pesca de baixura, isto é, na categoría de Caladeiros Nacionais Artes Menores, en calquera porto da Mariña.
Ademais, para determinar a contía a percibir, teranse en conta criterios como o número de empregos que xere o propietario ou a idade do barco, en función da súa data de entrada en servizo.
Previsiblemente, o prazo para as solicitudes estará aberto nun prazo aproximado dun mes, isto é, a mediados de febreiro, logo da publicación da bases no Boletín Oficial da Provincia.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



