Lugo 23 de xaneiro de 2015.-“Besteiro perde nos tribunais e minte aos lucenses” así o asegurou a voceira do Grupo Popular na Deputación de Lugo tras coñecerse que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou integramente o recurso que o Goberno provincial bipartito interpuxo contra o Decretario de Servizos Sociais da Xunta.
Logo de escoitar as primeiras reaccións desde o ente provincial,Candia quixo aclarar queo Presidente da Deputación de Lugo“é o único responsable de deixar á provincia sen convenio de colaboración coa Xunta de Galicia en materia de Servizos Sociais e Emprego”, pois foi el quen se negou a asinar este documento, pese a que se lle remitiu en moi idénticas condiciónse á vez que ás outras deputacións galegas.
Por se isto fora pouco, lembra taménque nunca existíu ánimo de superar estas diferenzas por parte do bipartito, pois incluso desde a Deputación se negaron ata en tres ocasións a acudir a unha xuntanza coa Consellería de Traballo e Benestar, para desbloquear a situación e chegar a un acordo, e cando o fixo “todo foron boas palabras, pero a resposta foi propoñer esta conflito xudicial”.
Candia aclara que é totalmente falso que a Xunta de Galicia invertise “cero euros” nos servizos sociais da provincia de Lugo nos últimos anos e lembra que nas anualidades 2011-2014, so na área de Benestar, o Executivo autonómico investiu máis de 290 millóns de euros.
DESESTIMACIÓN ÍNTEGRA DO RECURSO
A popular salienta que a propia Xustiza recoñece, coa desestimación do recurso, que os dirixentes do bipartito provincial non tiñan dereito, nin fundamento algún para converter á de Lugo na única administración galega que non financia integramente o Servizo de Axuda no Fogar básico, prexudicando aos veciños e aos Concellos
Insiste Candia enque por, moitas voltas que pretenda darlle á Deputación “a realidade é tozuda”: O recurso que presentou o Goberno provincial contra a Xunta foi desestimado polo TSXG e, polo tanto, “as súas pretensións non foron aceptadas en ningún extremo”.
Cree que escudarse en supostas imperfeccións técnicas do Decreto, como fan desde a Deputación, non é motivo para sentirse avalados pola sentenza, senón que unicamente serviu de argumento ao Tribunal paraa non imposición de costas ao ente provincial, ao entender que non actuou con temeridade ao presentar o recurso, “nin maís, nin menos”.
“A legalidade da norma confírmase coa desestimación total da demanda” –dixo Candia- “garantindo que o Decreto aprobado pola Xunta prevé un réxime de financiación en materia de servicios sociais aos concellos plenamente legal e fundamentado no actual sistema vixente”.
Dede o Grupo Popular lamentan“a mala reacción” dos responsables provincias tras coñecerse o pronunciamento da Xustiza, e sinalan que “cando superen este proceso de mala dixestión” están obrigados a cambiar de postura e acatar o fallo adoptando unha actitude, diferente, é dicir, responsable e colaboradora polo ben dos veciños de Lugo.






















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



