Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015.- A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia curso a distancia de Técnicas administrativas de oficina no que participan 14 persoas, 11 mulleres e 3 homes. Todas as persoas que se apuntaron a este curso cumpren uns requisitos necesarios para poder inscribirse: están inscritos na bolsa de emprego do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, todos proceden de ámbito rural, teñen dificultades de acceso a unha formación presencial por mor da falta de transporte, problemas de mobilidade ou de distancias e, a maioría, son mulleres.
Este curso, que é de formación profesional, finánciao a Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
O alumnado procede dos concellos de Ames, Ortigueira, A Coruña, Covelo, Rábade, Xove, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Xunqueira de Espadañedo, Pobra de Trives, A Estrada, Gondomar e Crecente
Ten unha duración de 300 horas lectivas, co que rematará a finais do mes de abril, e impártese a través dunha plataforma Moodle a través da que contactan cunha profesora vía chat para resolver as dúbidas que lles xurdan. O equipo informático que se utiliza durante o curso é cedido por COGAMI, co que lle facilita a participación a todas as persoas que queiran facer este curso e carezan dos medios.
A temática que van ter que asimilar consiste en técnicas de comunicación, xestión comercial e laboral, sistema operativo e Internet, procesador de textos e folla de cálculo.
Con este tipo de accións formativas, COGAMI o que pretende é cualificar
profesionalmente ás persoas con discapacidade en idade laboral, ofrecerlle as ferramentas necesarias, neste caso a formación, para que teñan igualdade de oportunidades de acceso ao mercado de traballo.






Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



