Lourenzá, 17 de febreiro de 2015.- O presuposto do Concello de Lourenzá para este ano 2015 someterase a aprobación nun pleno ordinario da corporación municipal convocado para este venres, día 20, ás 12:30 horas. A proposta do goberno local ascende a 1.700.000 euros.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que este luns se celebrou unha reunión da comisión municipal de Facenda “para informar o presuposto do Concello para este ano 2015, que se debaterá o vindeiro venres, día 20, no pleno ordinario. A esta comisión non asistiron os concelleiros da oposición. Este presuposto, que previsiblemente se aprobará o vindeiro venres, ten por montante 1.700.000 euros”.
Das partidas que figuran nesta proposta de orzamento a rexedora municipal destacou “os 185.000 euros para servizos sociais e os 104.500 para deportes, e nesta partida temos que facer fincapé en 41.000 euros de investimento para poñer un teito ao ximnasio municipal e tamén se vai mellorar o campo de fútbol para adaptalo á normativa vixente. Por outro lado, como novidade, sacamos unha orde de axudas en concorrencia competitiva para asociacións deportivas do noso concello por un montante de 6.000 euros”.
Emma Álvarez engadiu que “unha partida da que os cidadáns non son conscientes da súa contía é a do lixo, xa que leva unha porcentaxe bastante alta deste presuposto, pois son concretamente 137.000 euros. Tamén hai outra cuestión que nos afecta a este presuposto, de 1.700.000 euros, que é pequeno: trátase dunha partida de 40.000 euros, que aínda que pareza pouco é moito, que dentro do gasto corrente está dedicada a cumprir unha sentenza xudicial que nos obriga a derrubar unha parte da fachada e unha cornixa dun edificio que está construído no casco urbano. Esta sentenza obriga ao seu propietario pero como este non o fai o Concello, subsidiariamente, ten a obriga de facelo e nos próximos días dará conta desta sentenza, unha vez estea aprobado o presuposto”.
A alcaldesa tamén salientou que “outra partida importante vai para educación; son 107.000 euros, dos que a parte máis importante é para o Punto de Atención á Infancia e tamén para o colexio. Estamos desexando que, dunha vez por todas, asuman estes gastos dende a Consellería de Educación. É importante tamén o investimento para a rede viaria, xa que están presupostados 161.263, 83 euros e nesta partida inclúense as obras do POS e do plan Marco, pero tamén damos conta dun inventario de camiños que prendemos realizar pois consideramos que é moi importante para o noso concello”.






Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



