Despois desta tirada, e a falta da última de Sumoas, Rafael González case dixo adeus ás súas posibilidades de asaltar o título deste ano. Despois da mala tirada da pasada semana onde perdeu o liderato, nesta de Morás non foi capaz sequera de puntuar. Pola contra, o seu rival máis directo sumou 18 puntos nesas dúas tiradas por só 2 de Rafael. Así, Arturo Vigo é líder con 7 puntos de vantaxe sobre Rafael. Aínda así, Rafael aínda conta con algunha posibilidade; xa que ademais Arturo depende de si mesmo.
O que si quedou confirmada en Morás foi a terceira posición final do vixente campión Álex Meitín; a pesar de que non participou nas primeiras tiradas da temporada porque tamén xoga na U.D. Xove-Lago e que puido ser, sen dúbida, o que lle restou moitas posibilidades de revalidar o título.
Liga Sénior Feminina
Fantástica xornada para a líder Belén Meitín que lle conseguiu sacar 5 puntos a Salomé Cardoso e 1 a Carmen Roca. Agora Belén encabeza a clasificación con 4 puntos sobre Carmen e 7 sobre Salomé. Con estes datos, Salomé está practicamente descartada -aínda que non matematicamente- da loita polo título. Aínda así, poderase centrar en acadar o subcampionato. Carmen ten máis posibilidades, pero xan non depende de si mesma. De todas formas, emoción ata o final.
Liga Sub 16
Se as dúas primeiras posicións xa están claras, nas dúas últimas tiradas finais queda por ver quen se alza co último escalón do podio que se disputan Julia López e Hugo Pérez, ámbolos dous con 30 puntos.
Queda xa pouco para rematar esta XXVIª tirada da competición de bolos regular máis antiga de Galicia, con moitas cousas aínda por decidir na vindeira e última tirada que se celebrará no Centro Social de Sumoas o vindeiro sábado 7 de marzo.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (28 FEBREIRO 2015) 35 INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
274 |
12 |
| SEGUNDO | ALEX MEITÍN SERANTES |
261 |
10 |
| TERCEIRO | MARCELINO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ |
240 |
8 |
| CUARTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
225 |
7 |
| QUINTO | ARTURO VIGO CASABELLA |
214 |
6 |
| SEXTO | LUIS RANCAÑO BOUSO |
213 |
5 |
| SÉTIMO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
212 |
4 |
| OITAVO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO |
203 |
3 |
| NOVENO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
200 |
2 |
| DÉCIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
193 |
1 |
| MELLOR BOLADA | ALEX MEITÍN SERANTES |
75 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
| PRIMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
161 |
6 |
| SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
145 |
4 |
| TERCEIRO | HUGO PÉREZ MEITÍN |
93 |
3 |
| CUARTO | LAURA IGLESIAS MARIÑO |
74 |
2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
73 |
1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
62 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRIMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
172 |
6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL |
169 |
4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
149 |
3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
142 |
2 |
| QUINTO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
108 |
1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL |
59 |
1 |






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
