A Mariña, 3 de marzo de 2015.- MariñaPatrimonio, ADEGA e o Colectivo Pensamento e Sementeira” tememos que os inmediatos temporais costeiros acaben por destruír o xacemento arqueolóxico de Estabañón e pedimos ás institucións competentes, Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que tomen medidas precisas, urxentes e eficaces para evitar o seu progresivo deterioro.
Xa en 2014, os fortes temporais evidenciaron a fraxilidade dalgúns xacementos arqueolóxicos costeiros da Mariña e, de todos eles,o que máis deterioro sufriu foi o xacemento viveirense de Estabañón, unha vila e factoría romana emprazada na praia de Area. A súa localización no mesmo areal faino especialmente vulnerable ao efecto devastador das ondas. Os temporais do ano pasado destruíron varias estruturas da factoría e provocaron a perda de abundante material arqueolóxico.
Ante esta desfeita, o Servizo de Costas, inexplicablemente, retirou as árbores situadas diante de parte do xacemento que, segundo expertos consultados polas organizacións mencionadas, representaban unha barreira natural de protección para o xacemento. Esta desafortunada actuación súmase a outras igual de desatinadas que se teñen realizado con anterioridade en Estabañón, como o intento de construción dun paseo marítimo sobre o xacemento ou a falta de protección, durante anos, nas catas arqueolóxicas levadas a cabo por Costas.
Na actualidade, sen outra medida protectora que unha insuficiente e ridícula capa de xeotéxtil e 30cm de area que cobren o xacemento, Estabañón é máis vulnerable que nunca. A falta dunha actuación axeitada evidencia o escaso interese das institucións que teñen a obriga de protexer este ben arqueolóxico; sen embargo, evitar a súa desaparición débenos importar tamén aos viveirenses e mariñaos que debemos esixir que se tomen as medidas necesarias para que xacementos como o este non se destrúan. E teñen que tomalas xa.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



