LUGO .- Máis de 30 persoas de 20 concellos da provincia de Lugo participan nun curso para cargos electos organizado pola Deputación e Caixa Nova. Tratase do ciclo formativo “Desenvolvemento da xestión local”, un dos primeiros destinado a edís, que aborda cuestións como o urbanismo ou a xestión económico-financeira das entidades locais
Nota de Prensa
Besteiro defende a profesionalización da xestión local na inauguración do curso para cargos electos
-O Presidente inaugurou na Deputación un dos primeiros cursos de formación para cargos electos no que participan máis de 30 Alcaldes e Concelleiros da provincia.
– O ciclo formativo, un dos primeiros destinado a edís, aborda cuestións como o urbanismo ou a xestión económico-financieira das Entidades Locais.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu este luns a profesionalización da xestión local por parte dos Alcaldes e Concelleiros. O máximo responsable provincial apuntou que “os políticos con responsabilidade de goberno debemos tomar decisións que afectan ós veciños, por iso, ademais da defensa das ideas e dos programas polos que nos votan os cidadáns, é necesario que teñamos unha formación axeitada para conseguir administracións máis eficaces, especialmente en materias decisivas neste momento como a economía das facendas locais”.
Gómez Besteiro fixo estas afirmacións durante a inauguración do ciclo formativo “Desenvolvemento da xestión local”, organizado polo propio organismo provincial en colaboración coa Escola para Administracións Públicas de Caixanova. Trátase dunha das primeiras actividades formativas destinadas a cargos electos da nosa provincia. Nela participan máis de 30 Alcaldes, Tenentes de Alcalde e Concelleiros de 20 municipios. “O interese que suscitou este curso queda reflictido pola boa acollida, xa que a demanda superou as 30 prazas ofertadas inicialmente e aumentamos o número para que ninguén quedase fóra”, explicou o Presidente.
O Presidente avogou por dignificar a vida política: “Hoxe escoitamos moitas veces: Xa non hai políticos coma os de antes… Igual de necesario é que os cargos electos esteamos formados para a xestión municipal -no caso dos que temos responsabilidades de goberno- ou para realizar un control riguroso -no caso da oposición- porque hai que dignificar a política, xa que redundará no interese xeral. E iso empeza por nós”.
O titular provincial, que estivo acompañado polo Deputado de Persoal, Melchor Roel, e polo director da Escola de Caixanova, Eduardo García Erquiaga, afirmou que “o obxectivo deste curso é facilitar ós cargos electos os coñecementos necesarios para que poidan levar a cabo unha boa xestión nas súa Alcaldía ou Concellería, o que en definitiva beneficia ó interese xeral”.
Economía e urbanismo
Durante o curso, que rematará o 16 de decembro, abordaranse cuestións tan importantes para os Concellos como a xestión económico-financieira das Facendas Locais “un asunto vital nun momento como o que estamos a vivir, especialmente complicado para as arcas municipais e cun 2010 que se presenta difícil. É necesario que os responsables municipais, independentemente da área que xestionemos, teñamos uns coñecementos profesionais para entender de forma conxunto o presuposto público, as ferramentas de financiamento de proxectos ou o control presupostario das Facendas públicas”.
Outro asunto de máximo interese para os Concellos que abordará o curso é o urbanismo e a xestión do territorio. “Neste caso, é necesario que os responsables políticos coñezamos, por exemplo, as novidades e oportunidades da nova Lei do Solo ou os aspectos necesarios para que o desenvolvemento urbanístico local sexa sostible”, apuntou Gómez Besteiro.
O curso, de 112 horas lectivas, tamén incidirá noutras cuestións como xestión pública de calidade; comunicación e mercadotecnia dos servizos públicos; habilidades persoais e directivas para a dirección de equipos e persoas, etc.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



