Burela, 1 de maio de 2015.- Iniciando un mes dedicado á política, no programa de Parolando do 30 de abril reunimos ós partidos independentes que se presentan ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio na zona da Mariña. Estiveron connosco Luís Alfonso Sixto e Juan Riveiro (de Foz Plataforma de Futuro), Xabier Pardiñas (de Veciños Independentes de Alfoz) e Maví Louro e Mario Penelo (de Ribadeo en Común). Só faltou á cita o partido Son Viveiro, que se desculpou alegando as moitas ocupacións que teñen por estas datas na preparación das vindeiras eleccións municipais. No programa cada partido falou un pouco do seu programa e logo dialogaron sobre as vantaxes e inconvenientes que teñen os partidos independentes, que non están condicionados polas directrices dos grandes partidos, pero que tampouco contan co seu apoio.
O programa pódese escoitar na seguinte ligazón: http://www.ustream.tv/recorded/61731167






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



