CADERNOS DA VIAXE. Galicia supón moi pouco para o conxunto do Estado, tanto en termos de PIB como en poboación. Quere dicir isto que a nosa forza é a diferenza, a identidade, unha Marca propria. Mellor sermos país de noso ca provincia.
Xa que logo, precisamos un proxecto económico proprio. Oportunidades económicas tan nidias como a potenciación dos nosos portos no eixo Panamá-Antuerpe-Rotterdam ou o noso sector enerxético, que foi número un no eólico e que no futuro, se houber ideas claras no Goberno galego, podería facer moito independizado mentalmente da famsoa teoría do cerebro madrileño que todo o sabe e todo o pensa.
Para alén, temos unha demografía catastrófica e semella que calquera Goberno que mereza o nome de autónomo ou galego vai tentar revertila. Mais iso non abonda no curto prazo. Compre, xa, xerar emprego de calidade. E isto esixe unha aposta moi potente pola empresa galega. Galicia habería ser o país da Europa no que máis doado fose crear unha empresa, dixemos aquí hai pouco. Maticemos. Sempre no marco da legalidade laboral, fiscal e ambiental. E aí a función dos concellos será fundamental, pondo medios e recursos para o emprendemento local.
Mais nesa batalla do curto prazo, semella imprescindíbel a captación do investimento exterior. Galicia arestora é anecdótica nesta captación, agás operacións puntuais. Mais temos diante nosa grandes ferramentas ao noso favor, como nos relata o economista galego Vicente Martín Egaña. “Escolas de enxeñería industrial, civil, naval e de teleco punteiras, xente nova ben formada, con coñecemento de idiomas e que hai que traer canto antes da emigración , unhas infraestruturas viarias razonábeis”. A estas avantaxes cumpriría engadirlles a oferta razoábel de solo industrial e as canles variadas (lusofonía, ibeoramericana, europea) de potenciar a Marca-Galicia.
Pero para todo isto compre que o noso Goberno e a nosa sociedade acreditemos- en nós propios. E que non nos deixemos ir polo que outros fagan ou-máis be-deixen de facer.
Morreu Juan Ramón Díaz
Ven de morrer Juan Ramón Díaz, Vicepresidente da editora dos xornais El Ideal Gallego, Diarios de Arousa, Bergantiños e Ferrol e do deportivo DXT. Juan Ramón é xa parte da historia do xornalismo galego. Fica na lembranza a súa capacidade de construir proxectos e de facer equipas. Tamén a súa grande habilidade para radiografar problemas e diagnosticar solucións. Morreu, sen dúbida, un dos grandes.







A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



