Burela, 4 de maio de 2015.- A ETL Altair Galiza impartirá este verán, entre o 15 de xullo e o 4 de agosto, un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, e entre o 15 e o 30 de xullo un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre. Ambos cursos impartiranse en Santiago de Compostela e contan con titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia.
O horario previsto para a formación será de 9 a 14 e de 15 a 20 horas.
Haberá dous prezos para cada curso:
Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre
-170 € (para os inscritos até o 1 de xuño)
-200 € (para os inscritos até o 1 de xullo)
Curso de Director/a de actividades de tempo libre
-150 € (para os inscritos até o 1 de xuño)
-180 € (para os inscritos até o 1 de xullo)
Os cursos incluen: seguro de responsabilidade civil, material e actividades e aloxamento para persoas de fóra de Santiago de Compostela en rexime de acantonamento.
A asociación ofrece facilidades de pago e un completo e diverso programa de prácticas adaptado ás necesidades do alumnado.
Mais información e inscricións:
https://etlaltairgaliza.wordpress.com/
685325153











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



