Nota de Prensa
O COAG afirma que entre 2000 e 2007 déronse na Mariña licencias para 26.467 vivendas
Veiga solicita un Plan de apoio aos parados da construcción e de apoio a autónomos e pemes
A intensan actividade edificatoria que viviu a Comarca da Mariña no período 2000-2007 expón a nosa zona aínda máis a crise pola súa alta dependencia da construcción residencial o que vai agravar aínda máis a situación económica no último trimestre do ano, tanto no referido a destrucción de emprego, como a mesma desaparición de moitas Pemes a autónomos vencelledas ao sector como consecuencia da falta de liquidez e da entrada das propias promotoras en mora.
A este respecto hai que ter en conta que no período 2000-2007 nos 15 Concellos Comarca da Mariña déronse licencias segundo a COAG para 26.467 vivendas, que se ben non se edificaron na súa totalidade, da unha visión no stoc de vivenda existente na Comarca e da dimensión da burbulla inmobiliaria. Se temos en conta que a poboación aproximada destes 15 Concellos achegase aos 75.00 habitantes a ratio vivendas por habitante neste período situase en 1 casa novo por cada 2,9 habitantes, situación que se agrava se temos en conta a nosa estructura demográfica e a vocación da vivenda cun carácter de segunda residencia.
Vaia como exemplo que no mesmo período en Estados Unidos construíuse 1 casa nova por cada 23.5 habitantes e no Estado Español construíuse 1 casa nova por cada 9,2 habitantes cando nestes dous territorios si que se deu no mesmo período un aumento significativo da poboación. Neste sentido segundo dados do propio COAG no 2004 existían na Mariña 38.332 vivendas sendo daquela xa o stoc de vivendas valeiras segundo o INE de 5840 vivendas.
Asemade entre 2002 e 2007 o prezo da vivenda libre aumentou unha media do 50% acadando naqueles concellos con máis actividade edificatoria un promedio do 70% librándose na práctica desta voraxine alzista dos prezo os concellos do interior da Mariña agás Ferreira do Valadouro. A alza no prezo da vivenda que dificultou no período referido o acceso a mesma da poboación da zona, a pesar da crise de sobre producción que vive o sector e do grande número do stock, non descendeu nos níveis xa non do Estado español senón mesmo de Galiza que no vai de ano baixou un 9,8%.
Hai que ter en conta que o auxe da promoción desenrolou arredor das empresas constructoras unha grande cantidade de Pemes e de Autónomos(Aluminio, Carpintería,Fontanería,Electrecista…) que está a ser a día de hoxe os grandes paganos da crise na medida que foron precisamente a estas empresas ás que as promotoras lle transferiron o seu problema de liquidez. Neste sentido é como se explica que sexa precisamente no réxime de autónomos onde máis baixas houbo na Comarca da Mariña na afiliación a seguridade social.
Os nacionalistas lamentamos que desde o Goberno da Xunta non se puxeran solucións riba da mesa tanto para aopiar aos traballadores, como as pemes e os autónomos e aquelas persoas que queiran acceder a unha vivenda. Xa vemos que o PP e o Sr Balseiro esqueceron as súas propostas de fai un ano e agora deixan tirado a autónomos para quen prometera un Plan así como a compra de inmóbeis que prometera como alternativa ao Plano de solo residencial do BNG.
O Bloque Nacionalista Galego considera que a Xunta de Galiza non pode mirar para outro lado diante da situación de dificultade que están atravesar moitos traballadores e autónomos e nesa perspectiva imos demandar no Parlamento un plan de formación e recolocacción de desempregados da construcción que amortigue a súa situación económica e por outra banda o establecemento de liñas de crédito con avais do IGAPE para empresas e autónomos a fin de aliviar a tesourería das mesmas.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



