LUGO .- “Fronte as críticas do PP ó programa de visitas medioambientais Km0”, a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, explicou que “esta iniciativa contribúe a manter 3.000 postos de traballo indirectos na provincia: artesáns, hostaleiros, persoal de gasolineiras, traballadores de empresas de multiaventura e lecer, etc”. Lara Méndez tamén asegurou que “Km0 está avalado coa participación de 9.000 persoas no seu primeiro ano, e a inscrición de 10.000 máis no arranque da segunda tempada, e que en todo momento foi aprobado e apoiado pola Unión Europea, que cofinancia o setenta por cen do seu custe”.
Nota de Prensa
Km0 contribúe a manter 3.000 postos de traballo indirectos na provincia
-A Deputación defende a legalidade deste programa, pon a disposicón dos interesados as facuturas, asi como as ducias de cartas de felicitación enviadas polos empresarios e autónomos da provincia de Lugo sobre os que repercute esta iniciativa
– Todas as comidas de Km0 teñen que axustarse a un baremo de prezos que oscila entre os 8-19 euros (IVE incluído),
– Lara Méndez afirma que isto é “un pataleo e berriche de Jose Manuel Barrerro que, entre posto e posto- senador, deputado provincial, concelleiro, presidente provincial do PP etc,- os úncios 5 minutos que lle quedan para Lugo dedícaos a criticar a provincia e atacar ós autónomos.
Fronte as críticas do Partido Popular ó programa de visitas medioambientais Km0, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, defendeu que “esta iniciativa contribúe a manter 3.000 postos de traballo indirectos na provincia: artesáns, hosteleiros, persoal de gasolineiras, tralladores de empresas de multiaventura e lecer etc.
A responsabe provincial afirmou que Km0, “está avalado coa partipación de 9.000 perosas no seu primeiro ano, e a inscricíon de 10.000 máis no arranque da segunda tempada, e que en todo momento foi aprobado e apoiado pola Unión Europea, que cofinancia o 70% do seu custe”.
Lara Méndez puntualizou que “como orde da Deptación, todas as comidas de Km0 teñen que axustarse a un baremo de prezos que oscila entre os 8-19 euros (IVE incluído), xa que a gastronomía tamén é un escaparate do potencial da provincia de Lugo, e que non impón ningún menú”.
O equipo de goberno considera que isto é “un pataleo e berriche de Jose Manuel Barrerro que, entre posto e posto- senador, deputado provincial, concelleiro, presidente provincial do PP etc,- os úncios 5 minutos que lle quedan para Lugo dedícaos a criticar a provincia e atacar ós autónomos. Xa sabe todo o mundo que con 19 euros se comen moitos percebes”, dixo Méndez.
Segundo a Vicepresidenta Segunda, “a diferenza do que fixo o goberno do PP, en que o Pazo de San Marcos estaba pechado de portas para dentro e non se sabía o que se facía, agora decidimos promocionar a provincia desde un punto de vista medioambiental e turístico, donde a gastronomía é outro elemento a promocionar, non como se facía antes cando algúns Alcaldes da Mariña se dedicaba a regalar marisco a certos persoeiros de Madrid”.
Para Lara Méndez “fronte ás cuchipandas do PP, a Deputación marca uns prezos públicos ós que os hosteleiros teñen que axustarse e ofrecer o mellor desa comarca, como poden ser, viños da Ribeira Sacra, troitas dos ríos da provincia, ou procutos das matanzas. Isto é promoción económica da provincia e non as importacións das pdrera do Gais, que tan ben sabe facer o PP”.
Km0 Xtreme
Con respecto ás viaxes en helicóptero, incluídas en Km0 Xtreme, a Deputación volve recordarlle ó PP, que “a institución non pon nin un só euro no financiamento nestas viaxes. Fai de intermediaria entre as 600 persoas que xa se apuntaron para viaxar e as empresas interesadas en ofrecer este servizo, negociando o prezo máis asequible para promocionar a provincia desde o aire. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez confirmou o éxito deste programa, que non deixa de recibir paticións e que contribúa a promocionar económcia e turísticamente este provincia. Sinalou que “esta mesma semana 120 persoas viaxarán en helicóptero grazas a esta iniciatia, e que desde que o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou o programa o martes, xa se inscribiron unha ducia máis de persoas.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



