Lugo, 15 de maio de 2015. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres as bases do programa Buxiganga 2015, o programa de teatro amador que vén impulsando a área de Cultura da Deputación desde fai sete anos. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, destacou que “Buxiganga é xa un programa totalmente consolidado e un referente a nivel galego no fomento e o apoio ao teatro afeccionado, que permite ás compañías de teatro amador lucense actuar por toda a provincia e recibir formación tanto para actores como para directores”.
Veiga destacou o “éxito” do programa Buxiganga, que “animou a moita xente a facer teatro e conseguiu multiplicar por tres o número de compañías de teatro afeccionado existentes na provincia de Lugo”. Desde que o proxecto Buxiganga comezara a súa andaina no ano 2009, observouse que o número de colectivos teatrais na provincia vai en aumento. Nestes anos pasouse dos 12 grupos iniciais aos máis de 30 que houbo o ano pasado, un claro indicador de que nesta edición é probable que continúen a sumarse novas agrupacións por todas as comarcas. “Podemos afirmar sen dúbidas que Buxiganga funciona como motor para a creación de grupos de teatro na provincia”, precisou Veiga.
Asemade, o vicepresidente da Deputación quixo destacar o éxito a nivel de público que rexistran as representacións de Buxiganga. Neste sentido, Antonio Veiga informou de que “nas derradeiras edicións do programa apreciouse que o número de espectadores cada día ía aumentando, en total o ano pasado barállase un número aproximado de 7000 espectadores nas 80 funcións do programa repartidas por todas as comarcas”.
Cachés de entre 300 e 850 euros por función dependendo do número de actores
Segundo explicou Antonio Veiga, “as bases aprobadas son iguais que as do ano pasado, establecéndose catro baremos para os cachés das compañías, en función do número de actrices e actores de cada unha para desta maneira axustarse mellor á realidade do noso teatro amador”.
Así, establécese un caché de 300 euros por función para os grupos de entre 2 e 5 actrices e actores; de 500 euros para as compañías de entre 6 e 8 persoas; de 750 euros para os grupos nos que actúan entre 9 e 12 persoas; e de 850 euros para os colectivos de 13 ou máis membros. Dese caché, a Deputación subvenciona o 80%, mentres que os concellos ou asociacións que solicitan a función, terán que facerse cargo do 20% restante, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica nas funcións que non poderá superar os 3 euros.
Prazo de 15 días para inscribirse
As bases para esta nova edición de Buxiganga foron aprobadas esta mañá na Xunta de Goberno da Deputación e previsiblemente serán publicadas no BOP a vindeira semana. A partir da súa publicación tanto as compañías amadoras de teatro así como as asociacións e os Concellos que queiran solicitar representacións terán aberto o prazo de inscrición no Buxiganga, tendo un total de 15 días hábiles para formalizar a súa inscrición.
Unha vez inscritos e rematado ese período, abrirase outro prazo no que as asociacións e os Concellos terán que poñerse en contacto cos grupos de teatro para solicitar as súas pezas teatrais e fixar un calendario de actuacións, que posteriormente será aprobado. Establécese un calendario con dúas quendas de actuacións: a primeira, do 1 de xullo ao 15 de setembro, e a segunda do 16 de setembro ao 22 de novembro.
Neste sentido, Antonio Veiga animou “a todos os Concellos e asociacións da provincia de Lugo a que se inscriban no programa. Non pode ser que haxa Concellos que unicamente tendo que pagar o 20 % das funcións, cantidade que como moito poden ser 170 €, queden sen teatro” e respecto ás asociacións lembrou que “calquera asociación cultural pode solicitar o programa, para deste xeito beneficiar aos seus veciños e veciñas da festa que é Buxiganga alá onde vaia. O único requisito é ter un espazo máis ou menos axeitado para a representación, e incluso de non ser así podemos buscar alternativas. Máis doado non pode ser. Buxiganga quere levar teatro a cada recuncho da provincia de Lugo”.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



