FOZ/XOVE (M.F.O.) .- Os dous conxuntos mariñáns non puideron gañar os seus compromisos na primeira xornada de liga Primeira Nacional, o Celtas-Primera Calidad co Arzúa e o Xove ante o Noia.
O Celtas-Primera Calidad encaixou unha avultada derrota ( 79-38 ) debido a escaseza de efectivos coa que o novo adestrador tivo que contar. O partido foi dende principio a fin para conxunto de Arzua que no primeiro cuarto xa gañaba de once puntos. Polo Celtas xogaron: Lucas (5), Eduardo (5), Sama (6), Miguel, Alberto (14) – Aarón (8), Manuel, Brais.
O C. B. Xove perdeu por 78 a 82 no seu debut na liga Primeira Nacional ante o tamén recen ascendido C. B. Noia. Polo Xove xogaron: Pablo Castro (16), David Gómez (16), Fernando Zeballos (5), Pablo Santiago (6), Cuqui (8) – Álvaro (8), Javi Castro, Juan María (9) y Eloy.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



