Burela, 29 de maio de 2015.- O fútbol centrou onte todas as miradas nas IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum coa visita do adestrador do RC Deportivo B e director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera. O técnico coruñés falou dos obxectivos do equipo, coa loita polo ascenso como meta, e da composición do cadro, cun equipo novo, con xogadores a proba de diversas nacionalidades, así como dos métodos de adestramento, baseado na intensidade das accións, a importancia do conxunto fronte ao individuo e na preparación do propio equipo, non tanto no estudo do rival.
Manuel Mosquera, ex–xogador do Deportivo, Estremadura e Compostela, tamén fixo un repaso do seu equipo na liga, que conseguiu ir mellorando co paso dos partidos despois dun comezo complicado con rivais fortes. Este domingo o RC Deportivo B disputará o partido de volta no play off de ascenso a 2ª División B.
Despois de surf, fútbol gaélico e fútbol, as IV Xornadas do Deporte pecharanse o xoves 4 de xuño co piloto de rallyes Pedro Burgo.
Xoves 4 de Xuño
Aula usos múltiples – IES Monte Castelo, 17:30h.
D. Pedro Burgo Vilanova (Piloto de Rallyes)
“Equipo Burgo Rally Team. Creación, proxecto deportivo e preparación anual”





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
