18 de xuño de 2015.- Cinco dos oito equipos finalistas da XIII edición do programa educativo sobre xestión empresarial RetoAlcoa, son Galegos. Na final, que se celebra mañá en Madrid, estarán os equipos lucenses “Hunters” do IES Río Cabé e “TEIMU” do IES Ribadeo Dionisio Gamallo, os coruñeses “Sthenos” do IES de Sabón e “As Bolechas” do IES Eusebio Da Guarda, e o equipo ourensán “Pujole” do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives. Todos eles competirán na final con outros finalistas procedentes de catro comunidades autónomas.
Despois de cinco meses de desenvolvemento do programa nas aulas e de competición por internet, os oito equipos finalistas, procedentes de Alicante, Asturias, Biscaia e Galicia, concorren na final que se celebra en Madrid mañá, 19 de xuño. En total, participaron 252 equipos de estudantes de 28 centros educativos de distintas comunidades de España, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas materias de matemáticas, administración de empresas e economía.
Ademais, estudantes finalistas acoden tamén hoxe a unha edición especial do seminario “Habilidades para o Éxito”, no que recibirán formación sobre habilidades e competencias que poderán aplicar no seu futuro académico e profesional.
No programa RetoAlcoa, promovido e patrocinado por Fundación Alcoa e organizado por Fundación Júnior Achievement, que ten como obxectivo estimular o espírito emprendedor dos máis novos, os profesores dos alumnos desempeñan un papel clave e imprescindible para que o programa cumpra os seus obxectivos educativos de xeito óptimo.
A Fundación Júnior Achievement España, creada no ano 2001, traballa para potenciar o talento dos mozos e dotalos das ferramentas necesarias para lograr os seus obxectivos nunha economía global, xerando un espírito emprendedor que lles permita alcanzar as súas metas nun marco de responsabilidade e liberdade. Júnior Achievement desenvolve a súa misión en todo o mundo co obxectivo de lograr cambios a nivel global. Beneficia a máis de 10 millóns e medio de mozos con programas educativos en 30 idiomas.
Fundación Alcoa, que se sustenta dos seus propios activos financeiros e non dos resultados da compañía, contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas que forman parte das comunidades nas que Alcoa está presente, financiando proxectos de organizacións que melloran as oportunidades en educación e formación, saúde e seguridade, e de sostibilidade e respecto ao medio. En Galicia, Alcoa conta cunha fábrica de aluminio primario na Coruña e o complexo industrial de San Cibrao en Lugo.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



