A primeira noticia documentada que temos do noso porto, e da barra, data do ano 1634 na obra do cartógrafo portugués Pedro Teixeira, “Descripción de España y las costas y puertos de sus reinos”.No relato que Teixeira fai dí que a tres leguas de Ribadeo sae ao mar un río que chaman Espiñeira e nel suliña a dificultade da barra “por ser case cerrada con banco de area”, e conta o episodio do que foi testemuña pola súa inaccesibilidade,,,
Cando a finais dos anos 40 do século pasado coñecíuse o proxecto do novo porto, no interior da ría, e ao pouco comezaron as obras, o que entón se fixo foi poñer a primeira pedra do principio do fin do Foz mariñeiro. Xa unha ducia de anos antes o advertiran os pescadores, pois Salgado Toimil, histórico mestre e un dos pioneiros da creación da Confraría, secretario do mesmo e o seu portavoz, en maio do 36, no periódico DESPERTAR, declarara: “ para que Foz llegue a ser un puerto pesquero sin los múltiples inconvenientes de barra cerrada ha de construirse éste a la altura de la pena do Escairo”; ou sexa, por fora da barra, pois según a Memoria do Pósito de 1929 ao referirse a ela di que,” a ambos lados de ésta, existen grandes bancos de arena que forman las márgenes del canal hasta el puerto, estando en una de ellas el enorme bajo de A Rapadoira el cual, por cubrirlo las aguas en la pleamar, constituye un serio peligro para la navegación…”unha tarde de outono de 1927 perecían na barra Francisco (Peruco) e Avelino do Solador, irmáns de Juan María Néciga, o histórico promotor dos asteleiros focegos que tanta sona deron ao noso pobo en tódolos portos do Cantábrico. Cando se atopaban pescando congro levantouse un vendaval que os arrastrou mar adentro. Os dous apareceron mortos, agarrados á bancada da súa lanchiña.
O Hidro era unha embarcación que chegara a Foz en 1930, procedente de Laredo, onde a mercaran Tristán Alonso e Manuel Blanco Muinelo. A tripulación formábana sete ou oito membros. Unha tardiña do mes de outubro de 1935, entre lusco e fusco, cando se dispuña a pasar a barra para entrar no porto, con vinte bañeiras de sardiña a bordo, envorcou quedando coa quilla para arriba. A maioría dos tripulantes puxéronse a salvo, pero dous desapareceron: Tristán e José da Palmeira, cuxos cadáveres aparecerían días mais tarde, Tristán nunha praia de San Cibrao e José en Salave, pretiño de Tapia de Casariego.
O 11 de setembro de 1931 o balandro Delfina Amalia perdeuse na barra, cargado de pedras de carburo. Fora construído en Noia.
O bergantín goleta Dolores cargou de sal en Santa Pola e fixo a travesía ata Foz. 0 10 de marzo de 1936 entraba no porto. Pasando a barra, o mar e o vento elevaron o barco contra o faro e dúas lanchas interviron logrando salvar a tripulación.
Era este cronista un adolescente pero lembra, daqueles tempos, o artigo que Manolo Lugilde, fillo homónimo do mestre que ten rúa na vila, publicara o artigo, baixo o título “La Ronqueira se queja”, no que lamentaba a decisión daquela ubicación, contraria ao que era o clamor popular. Na Memoria Anual de 1933 do Pósito, incídese xa na transcendencia da problemática e laiábanse do “abandono en que lo tiene el Estado con su barra cerrada, a la entrada y a la salida de las embarcaciones,,,”
Entón, por muros e paredes, podíanse ler restos de pintadas precedentes: “SI QUEREIS PUERTO, VOTAD A BECERRA!!”. Había eleccións Pouco cambearon certas cousas dende entón…Manuel Becerra, natural de Castro de Rei, Subsecretario de Obras Públicas, presentabase a diputado pola nosa provincia. Como agora…
O 23-11-69, Alfonso Toimil, sobriño de don Ramón Salgado Toimil, publicaba o comentario, titulado “¿Qué pasa con el puerto de Foz”?, no que, entre outras cousas decía: “ La barra de Foz es el nudo corredizo que con carácter permanente tiene el pueblo alrededor de su garganta. Si la villa no ha crecido más, industrial y demográficamente, ha sido por ese dogal. Hay que cortar inmediatamente ese nudo que oprime y asfixia la vida local”.
Suso Fernández

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



