San Cibrao, 1 de xullo de 2015.- O fin de semana pasado celebrouse en Madrid o XV Campionato de España de tiro con arco en aire libre para a categoría Cadete, a el asistiron do Club IADOVI Gabriel Galante Briones e Francisco Botelho Melo. Cunha calor sofocante os arqueiros no puideron igualar as súas mellores marcas ata a fecha, tras finalizar o round clasificatorio Francisco situábase no posto 35 con 487 puntos (257/230), o que o descabalgaba da competición. Pola súa parte, Gabriel finalizaba 7º, tras conseguir 617 puntos (305/312).
O domingo disputábanse os enfrontamentos eliminatorios. En 16vos de final o primeiro contrincante de Gabriel foi da Federación Castelán-Leonesa, ó que Gabriel vence cómodamente por un 6-0 en sets. En 8vos de final o seu adversario pertencente á Federación Madrileña poñíallo un poco más difícil: tras perder o primeiro set, Gabriel inicia a remontada sen deixar de perder outro set máis, finalizando 6-2 a favor do arqueiro de IADOVI. Xa en 4tos de final, o seu contrincante, un vello coñecido: Ken Sánchez da Federación Madrileña. Nesta ocasión con puntuacións moito máis axustadas, ambos arqueiros fixeron valer a súa calidade tecnica: primeiro set Gabriel 27 puntos, Ken 29; set para Ken (2 a 0). Segundo set, Gabriel está máis fino e logra o 29 a tan só un punto da máxima puntuación de set, Ken 27, iguálase o resultado a sets (2 a 2). Terceiro set, os arqueiros conseguen a mesma puntuación, 28 a 28, co que colocan o marcador de sets 3 a 3. Cuarto set gaña Ken 29 a 26 e con isto toma a ventaxa nos sets 5 a 3; o que pon a Gabriel na tesitura de gañar si ou si o siguiente set, xa que tan só co empate élle suficiente a Ken para gañar o enfrontamento. Quinto set: non hai sorte, Gabriel non logra superar ó seu adversario e pierde o set, e con isto o enfrontamento, 7 a 3 a favor do madrileño.
A ledicia viría dada na competición por equipos mixtos: tras perder o primeiro enfrontamento contra a federación madrileña, o equipo galego integrado por Gabriel Galante e Cristina Castro, pertencente ó Club Sílex das Pontes de García Rodríguez, lograrían a terceira praza ó vencer 6 a 0 á Federación Castelán-Leonesa.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
