Burela, 9 de xullo de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, asegura que Burela é un pobo seguro, destacou a boa convivencia que se da entre todas as nacionalidades asentadas na localidade e aludiu á atención, á profesionalidade e ao interese que amosan os diferentes corpos e forzas de seguridade para realizar o seu traballo.
O rexedor dixo que do encontro deste xoves “se desprende que non cambiou nada practicamente con respecto á última xunta local de seguridade. Somos unha poboación que está dentro da media, incluso baixamos nalgúns delitos. A seguridade en Burela é bastante boa, ademais somos un pobo onde conviven moitas nacionalidades e non se producen conflitos. Aquí vivimos en harmonía”.
Llano explicou que “analizamos cuestións relativas á violencia de xénero, aos roubos que se producen ás veces en mercados ou festas, citas que son aproveitadas polos carteristas para actuar. Tamén falamos dos últimos roubos que se produciron en dous barcos de Burela, de onde os autores dos feitos se levaron algún tipo de pertenza, aínda que houbo feitos similares noutras localidades. Sobre a mocidade tamén falamos, dos centros de ensino e de cuestións que preocupan aos pais como o uso que fan os rapaces da internet, as drogas ou mesmo a violencia de xénero”.
O alcalde burelés sinalou que “na xunta local de seguridade apostamos por seguir colaborando estreitamente en todo, pero sobre todo en asuntos coma a violencia de xénero a través da mesa de coordinación na que estamos representados o Concello, a Policía Local, a Garda Civil, etc. Esta mesa de contado se volverá xuntar. A miña sensación é boa por ese compromiso de todos para seguir loitando e traballando e facendo que Burela siga a ser unha poboación tranquila e segura para vivir”.
Alfredo Llano subliñou “a atención, a profesionalidade e o interese dos diferentes corpos e forzas de seguridade na realización do seu traballo”.
A xunta local de seguridade foi copresidida polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e polo alcalde burelés, Alfredo Llano.
























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



