Foz, 30 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valorou este xoves o pleno da corporación municipal celebrado o mércores e criticou á oposición por non apoiar a delegación na Deputación de Lugo da recadación de impostos municipais, como teñen moitos concellos. Para Castiñeira, a actitude dos grupos da oposición responde a un bloqueo que prexudica á economía do Concello focense.
“No goberno municipal estamos bastante contrariados, porque volvemos ver sentimentos que vivimos no pasado, de bloqueo e de deixar encima da mesa asuntos importantes para a economía local. Á oposición non lle interese que a economía local vaia ben a pesar do seu bo estado. O asunto mais importante do pleno no día de onte, a delegación da recadación á Deputación, como teñen a maior parte dos concellos, xa se deixara na anterior lexislatura enriba da mesa, e estes grupos, tanto Foz Plataforma de Futuro, que é a novidade este ano, como o PSOE, no que aínda se mantén a sombra do señor Cancio, volven deixar encima da mesa un asunto tan importante. Traería moitos beneficios para economía local, xa que arranxaría unha circunstancia percibida polo servizo de Intervención: non se está facendo ben a recadación pola vía executiva e é un servizo que o interventor recomenda que se delegue a Deputación. O único problema era que se ía facer co persoal municipal que se ocupa desta labor, pero está resolto xa non ía ter ningún tipo de problema para readaptarse noutras áreas onde o necesitamos; agora o problema é que queren un informe técnico máis profundo e necesitan máis datos”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira asegurou que a negativa da oposición a aprobar a delegación na Deputación beneficia aos que non pagan os tributos que deberan e que os argumentos de máis información por parte da oposición obedecen a un intento de dificultar a adopción dunha medida boa para a municipio: “creo que son desculpas baratas para seguir bloqueando un asunto que non ten moito máis xogo político que o de tratar de entorpecer que o Concello siga mellorando a súa economía municipal, como a mellorou estes últimos 4 anos, e entorpecer para que os que non pagan sigan tendo privilexios. Entendo que é o que quere a oposición porque o que non quere é resolver o problema que levamos intentado solucionar 4 anos. De feito, algún dos partidos levaba no seu propio programa electoral a mellora no servizo de recadación para que o 100 % dos tributos se recaden por vía voluntaria ou por vía executiva, como pode ser o PSOE, que, incumprindo o seu programa electoral, deixou encima da mesa un asunto que estaba practicamente resolto”.
Con todo, o alcalde confía en poder aprobar a delegación no próximo pleno: “esperemos que co informe no próximo pleno non teñan moito máis que dicir e aproben un servizo que é totalmente necesario para o Concello”, asegurou.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



