Foz, 30 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anuncia o inicio do proxecto para a construción da autovía A-82, de Barreiros a San Cibrao, no tramo correspondente ao municipio de Foz. Así llo comunicou este xoves nunha xuntanza mantida na Coruña o xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, con quen se reuniu para abordar asuntos relacionados co PXOM de Foz.
O rexedor explicou que este xoves “vimos de recibir unha moi boa nova da man do xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, co que tivemos unha xuntanza para falar do PXOM de Foz, pero a boa nova refírese a outro asunto importante, como é ese inicio por parte de Fomento do proxecto do corredor da A-82 dende Barreiros a San Cibrao, no tramo que lle corresponde ao noso concello e polo que tanto loitamos”.
Javier Castiñeira subliñou o traballo realizado “tanto polos deputados do PP como polos alcaldes da anterior lexislatura así como eu nestes últimos meses, reuníndonos incluso co secretario general de Infraestructuras do Estado, Manuel Niño. Todas estas xestións deron o seu froito e a partir de mañá iníciase o proxecto para ese tramo de Foz. É a primeira pedra dunha infraestrutura tan necesaria coma o tramo do Corredor da Mariña, de Barreiros a San Cibrao. Estamos a falar dun treito moi necesario que soporta máis de 10.000 vehículos, a través da N-642, en inverno e máis de 15.000 no verán, tal e como estamos a comentar durante estes días”.
O alcalde focense sinalou que “o proxecto definitivo e a redacción do mesmo farase xa desde mañá. Os responsables do proxecto, cos que tamén tivemos o pracer de estar no día de hoxe, vanse poñer a traballar; e a partir de agora imos loitar porque esta infraestrutura se adapte ás necesidades do noso pobo. Faremos chegar todas as inquedanzas dos nosos veciños e, por outro lado, solicitaremos que haxa xa partidas orzamentarias para o ano que ven co obxectivo de que, unha vez rematado o proxecto, se inicien canto antes as expropiacións correspondentes e que dean comezo as obras desta importante estrada para A Mariña”.
Castiñeira engadiu: “estamos moi contentos con esta boa nova e moi probablemente recibiremos outra en próximos días, relativa ao comezo dos traballos da reparación da N-642 no tramo de Foz, con ese millón de euros que se consignaron para esa obra que se licitou hai máis dun mes e que está practicamente en período de adxudicación definitiva e contratación”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



