SANTIAGO .- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe na reunión da Comisión de Industria unha iniciativa do PPdeG na que insta a Xunta a realizar xestións ante o Ministerio de Industria para que adxudique a obra da rede de transporte primario de gas no tramo Guitiriz-Lugo o mais axiña posible, garantindo en todo caso que a posta en servizo da devandita infraestrutura se produza non mais aló do ano 2012. A iniciativa, aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos, foi transaccionada incluíndo así mesmo a petición de que esa axilidade se de tamén no gasoduto da Mariña luguesa.
Para o deputado popular o retraso que se está a producir nesta infraestrutura é un freo para o desenvolvemento económico e social de Lugo. A prioridade da obra xa foi posta de manifesto na planificación dos sectores do gas e a electricidade para o período 2008-2016, aprobada o pasado mes de maio, onde se destacaba que era necesario o reforzo do Gasoduto Troncal Galego, que tería que estar incorporado no proxecto “Reforzo Eixo Norte” e planeaba acometer as obras pendentes nos tramos Guitiriz-Lugo e Lugo-Villafranca del Bierzo planeando a construción para os anos 2012 e 2013 respectivamente.
Segundo Daniel Varela “todo nos leva a pensar que esta infraestrutura non estará en funcionamento nos prazos establecidos como actualmente o propio Ministerio de Industria ten recoñecido, xa que aínda mantén pendente a adxudicación, xustificándoo o Goberno central por un descenso na demanda pola crise ou por restricións presupostarias”.
Polo tanto, indicou o deputado popular, é necesario priorizar unha obra xa que o desenrolo industrial de Lugo está supeditado a que o Goberno central faga os seus deberes e leve a cabo esta infraestrutura enerxética estratéxica dado o colapso do actual tendido. Daniel Varela agradeceu o apoio dos grupos políticos a esta proposta que consensuou con respectivas emendas de PSOE e BNG.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



