Barreiros, 3 de agosto de 2015.- Comezaron os traballos de arranxo da estrada que une a N-634 coa praia barreirense das Pasadas. É un vieiro de titularidade provincial no que a Deputación de Lugo inviste 140.000 euros, segundo explicou este luns á mañá o alcalde, Alfonso Fuente.
O rexedor dixo que este luns en Barreiros “iniciáronse os traballos de aglomerado da estrada que vai dende a Nacional 634 ata a praia das Pasadas. É unha obra que se está a realizar neste momento aínda que a verdade é que as datas, a principios de agosto, cando hai moito tráfico, non son as máis adecuadas, pero eu creo que benvido sexa o aglomerado desa estrada que está a realizar a Deputación Provincial nunha vía que é da súa competencia”.
Fuente Parga insiste na necesidade de acometer eses traballos: “a verdade é que o necesitaba, igual que o precisan outras estradas da Deputación, para as que iremos demandando a súa mellora. Pero nesta iniciáronse hoxe os traballos e vai quedar nun perfecto estado, porque leva unha capa de aglomerado de 5 centímetros”.
O alcalde de Barreiros pide desculpas “porque esta semana vai haber cortes de tráfico nesa estrada e haberá que utilizar algunha vía alternativa, pero nuns días vaise poder circular perfectamente por esa estrada”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



