5 de agosto de 2015.- Dentro de poucos meses, o goberno do Partido Popular convocará eleccións ao Parlamento Español. Estas eleccións vanse celebrar nunha situación marcada por unha das máis profundas crises que atravesaron Europa despois da II Guerra Mundial. No estado español, a crise ten ademais características de seu: unha, na que ecoa o pasado, constituída pola corrupción que percorre institucións públicas e privadas; outra, de esixencia democrática, fornecida polos movementos soberanistas, nomeadamente os de Cataluña e Euskadi.
Nesta situación, e perante a posíbel mudanza constitucional que nos vindeiros tempos se vai levar a cabo, resulta inadiábel para o noso país a consecución dunha Candidatura Unitaria Galega encamiñada a obtermos un grupo parlamentar que, con personalidade xurídica propia, reivindique para a nosa Terra, con decisión e sen inxerencias alleas, o dereito a decidir todas as cuestións que atinxan o seu futuro, que defenda a lingua e a identidade dun pobo que hai case un milenio xerou unha literatura e unha cultura que asombrou Europa; un GRUPO PARLAMENTAR GALEGO que traballe sen acougo na defensa da economia e os recursos produtivos dunha nación que, cando non se pon freo ás súas capacidades, chega ás máis altas cotas, como demostran, por pormos só uns casos, os nosos mariñeiros a pescar en mares de medio mundo, os nosos e nosas atletas medallistas olímpicos, as nosas investigadoras e investigadores en universidades dos cinco continentes; un GRUPO PARLAMENTAR GALEGO que persiga garantir os servizos públicos nunha sociedade libre, igualitaria, xusta e democrática, capaz de se relacionar en pé de igualdade con mulleres e homes, pobos e nacións, culturas e tradicións de todo o planeta e respetuosa co medio ambiente. Un GRUPO PARLAMENTAR GALEGO que evite o risco, real, de Galiza ficar atrás e que, en resumo, combata pola nosa dignidade colectiva e polo que ninguén ten pensado regalarnos, téndomos ben presente que, ao longo da Historia, a unidade foi, é e será a nosa forza, a nosa inmensa forza como pobo.
Máis información en https://polaunion.wordpress.com/



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).