Lourenzá, 6 de agosto de 2015.- Este venres día 7 de Agosto, as ED Lourenzá farán a presentación dos equipos federados das Escolas que inician antes a súa actividade deportiva.
Ás 19:00 horas en Sta. Cruz están citados os xogadores de fútbol infantil e cadete e sobre as 21:00 horas tocará o turno para os equipos federados de basket.
En ambas citas daranse a coñecer os adestradores para esta vindeira temporada así como a planificación a seguir cos distintos equipos.
Desde as ED Lourenzá esperan que nos vindeiros días se poda coñecer o nome do adestrador que se fará coas rendas do equipo de Nacional, e empezar tamén a planificar os adestramentos deste equipo que militará por terceira temporada consecutiva na 3ª división do baloncesto feminino nacional.