Burela, 6 de agosto de 2015.- Alejandro Pérez Pérez (Madrid, 1993) será a novidade na portería do CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16. “Aproveitarei ao máximo o que decida o adestrador; son traballador e ambicioso, con tranquilidade baixo os paus” adiantaba o meta nos seus primeiros días na Mariña. O presidente laranxa, Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna, que acompañaron a Álex na súa presentación oficial, destacaron a incorporación do ex do Marfil Santa Coloma “con frescura e mocidade, dúas calidades reforzadas por unha traxectoria en equipos de referencia no mellor fútbol sala”.
“Estou moi contento co recibimento, as primeiras sensacións son boas, xa tiven a oportunidade de coñecer os meus compañeiros; hai un gran grupo e con bo ambiente, que é o importante. Chego a un club serio e comprometido; o pobo está moi involucrado co equipo e iso axuda moito para consolidar e manter un bo proxecto” apreciaba Álex, ilusionado e animado con con toda unha pretempada por diante. “A partir de agora toca traballar e loitar polos máximos obxectivos posibles. Todos os títulos son obxectivo, play off, Copa de España, Copa do Rei, Copa Xunta…, sendo loxicamente realistas coas posibilidades do club e do equipo” puntualizaba o novo 13 laranxa.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
