Foz, 6 de agosto de 2015.- A Carreira Popular de Foz, que este ano chega á súa 7ª edición, celebrarase o próximo 15 de agosto con algunhas novidades, como un percorrido máis longo -7 quilómetros en total- que aproveita mellor o casco urbano e o control do tempo dixitalizado por microchip.
A carreira comezará ás 10:30 horas coas categorías infantís, unha para nenos menores de 8 anos, que correrán 150 metros “unha categoría non competitiva, todos levarán un agasallo”, indica Manuel Eiras, representante de Run Foz Run, colectivo organizador do evento xunto ao Concello.
“Hai outra categoría de benxamín-alevín”, sinala Eiras, “cun circuíto de 800 metros pola zona do porto de Foz. Esta si que é competitiva, con trofeos para os tres primeiros clasificados. Logo hai outra categoría, infantil-cadete, de 2 quilómetros tamén na zona do porto”.
Ás 11:30 horas comezará a carreira absoluta, con categorías de sénior, veterano A, B, C, que terá un percorrido total de 7 quilómetros. “O ano pasado foi de 6, pero este ano quixemos ampliar un pouco o circuíto máis de cara ao espectáculo para que pase pola zona central de Foz, que estes días hai moita xente é e vistoso para a carreira”, argumenta Eiras.
As categorías infantís son gratuítas. No caso das absolutas, para maiores de 16 anos, a tarifas para os participantes son de 3 euros “e un quilo de alimentos non perecedeiros para unha causa solidaria. Toda a comida que se recolla irá doada ao banco de alimentos de Foz”. Por eses 3 euros cada corredor recibirá unha bolsa que levará unha camiseta técnica de regalo, unha subscrición de tres meses á revista online Corricolari, así como bebidas: Aquarius, auga ou barriñas enerxéticas.
“A posible descarga de fotos e vídeos correrá a cargo doutra revista que está agora en auxe que se chama Run Online”, asegura Manuel Eiras.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asegurou que a Carreira Popular de Foz é realidade un ano máis grazas “a unha organización marabillosa” e recalcou as súas novidades, “entre eles as charlas técnicas, pero sobre todo o control de tempos dixitalizado mediante microchip que van poder ter todos os participantes. Estou moi contento coa organización e cos compañeiros, en concreto Manuel Eiras, o rapaz que esta levando o peso da realización deste evento no que participa como organizador o Concello. Agradecemos a todos os colaboradores e patrocinadores porque sen eles sería imposible”.
As charlas técnicas terán coma protagonista a Óscar Buján, subcampión do mundo de biatlón. Será o 14 de agosto no colexio Martínez Otero. Ao día seguinte participará tamén na Carreira Popular de Foz.
A cita comeza ás 10:30 horas no colexio Martínez Otero. Castiñeira recomenda “facer a incrición antes do día da carreira. É moito mais fácil, chegas, recibes o chip e non tes que agardar cola e non se producen retrasos”. As inscricións pódense facer no Centro Óptico Eliseo, no colexio Martínez Otero e na Casa da Xuventude e tamén a través da web carrerasconencanto.com
Castiñeira engadiu: “desexámoslles moita sorte a tod@s. Este ano o trazado incrementou un pouco a súa parte urbana, é un trazado de 7 quilómetros, moi bonito, gustou moito o ano pasado e este ano incrementase un mais. Un día de verán, sábado, que mellor que facer un pouco de deporte, incluso coa familia, o percorrido é sinxelo e permite gozar da oferta deportiva do noso concello”.


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
