Viveiro, 7 de agosto de 2015.- Este sábado 8 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Complexo Cultural Regalxunqueira (Viveiro) a inauguración da exposición “Lembranzas”, de Gerardo Ayala. Servirase un viño e algo de comer.
En palabras do artista: “Un día de chuvia en Cádiz, as praias e galerías de Viveiro, a familia e, como, non Venecia…
Sempre que se le un texto ou libro que entusiasma, se pensa que, nós o teriamos escrito, se soubésemos facelo. Esa é a maxia da lectura. Case pensamos que todo o que se conta, cando se trata de algo belo, poético e imaxinativo, nos aconteceu a nós. Soñámolo, visto ou sentido antes de leerlo.Ese sería hoxe o meu máis ardente desexo, o único sincero. Poder intuír que o público, os espectadores, sentan esta mostra como algo seu. Como si cada un crera ter pintado eses lenzos e acuarelas. Que lles pareza doado e evidente. Nada de trampantojos.
A naturalidade e a sinceridade conmóvennos e fannos parecer almas xemelgas moi unidas. Todos percibimos sensacións similares e, dependendo da maior ou menor sensibilidade, podemos expresalas con maior ou menor intensidade.
Transportalas a un texto, a un lenzo, ao teatro ou á arquitectura é outro asunto, chámase “Técnica” e iso pode aprenderse. Pero sentir as palpitacións e a alegría como as sente o autor, ou aínda con máis forza que el, non nolo pode roubar ninguén. Só é necesario librarse de prexuízos.
Para poder gozar de calquera manifestación artística non hai que formular ningún coñecemento previo. Para escoitar con pracer música clásica, flamenco ou jazz, non se necesita ningunha preparación, só se deixar levar como unha parella de danza, só ter a liberdade de poder sentir. Deixarse influír por algo novo, prodúcenos as sensacións máis fortes e relaxantes que poidamos ter. Todos os nenos, como grandes esponxas, teñen esa enorme facilidade para aceptar novas sensacións. Teñen, aínda, a capacidade de sorpresa íntegra e permanente. Só carecen de recordos. Pero, nós, os adultos, temos sempre recordos imborrables.
Só vos prego que miredes esta pequena exposición coma se fose vosa e coma se fosedes nenos.
Deixar no percheiro de casa o que aprendestes. Non comparedes con outras obras, ou quizais con outros pintores. Non pensedes se son boas ou malas. Só se vos recordan momentos que provoquen algunha vibración.
Recordos só vosos e que só comentaredes con alguén que vos queira de verdade, alguén que non os contará xamais a outros.
“Poder gozar dos recordos da vida, é vivir dúas veces” – Marco Valerio Marcial (poeta Hispanorromano. Anos 40-104).”
Currículum
Gerardo Ayala desenvolve paralelamente o seu traballo como arquitecto e como pintor. É Académico de número da Real Academia das Letras e as Artes de Extremadura. Como arquitecto obtivo 17 primeiros premios en concursos. As súas obras foron seleccionadas en tres Bienais de Arquitectura Española. No ano 2004 foi Comisario do Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia. Profesor na Escola de Arquitectura de Madrid durante 15 años(1990-2005). Profesor invitado en distintas escolas españolas e estranxeiras. Actualmente e durante os últimos sete anos é profesor invitado no “Máster Pares” organizado pola Facultade de Arquitectura de La Sapienza (Roma) en Narni.
Como pintor obtivo premios en Bienais e Certames e a súa obra encóntrase en coleccións privadas e museos de toda España.
Exposicións individuais:
1962 Belas Artes. S.Fernando.Madrid
1968 Casa da Cultura. Badaxoz
1979 Galeria Ávila. Madrid
1980 Galería Torres Begué.Madrid
1980 Galería Miramar. Málaga
1981 Caja de Ahorros.Badajoz
1986 Concello de Viveiro.Lugo
1987 Caja de Ahorros .Madrid
1989 Galeria Alféizar. Madrid
1995 Galeria Seiquer. Madrid
1995 Casa do Século XV. Segovia
1996 Casa da Cultura. Xunta de Extremadura.
1996 Pazo de Camarena. Cáceres
1997 Galeria Seiquer. Feira de Arco. Madrid.
1999 M.E.I.A.C.(Museo Estremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea). Badaxoz
2001 Colexio de Enxeñeiros de Camiños. Madrid.
2004 Colexio de Arquitectos. Madrid
2005 Galeria Félix Gómez. Sevilla
2008 Ateneo. Cáceres
2008 Escola de Arte e Superior de Deseño. Mérida.
2009 Sala Maruja Mayo. Concello de Las Rozas.Madrid
2010 Carmen de la Victoria. Universidade de Granada. Granada.
2010 Galeria Amador de los Ríos. Madrid
2012 Real Academia de España en Roma. San Pietro In Montorio. Gianicolo. Roma
2012 Sala de Exposicións da Deputación. Badaxoz
Paralelamente é seleccionado en distintas Exposicións Colectivas. Destacando as da Galería Biosca. Madrid (1987-1988).


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



