Santiago, 8 de agosto de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a redactar dous proxectos de rehabilitación do firme e ampliación da estrada Mondoñedo-Vilameá (LU-124), cos que se mellorará o acceso dos veciños de Riotorto tanto cara a A-8 coma cara A Pontenova. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, comprometeuse esta semana co alcalde de Riotorto a iniciar no vindeiro ano as obras do tramo Lindín – Cruz da Cancela, para facilitar o acceso á autovía.
O obxecto da actuación é completar ata o final da estrada -situado na intersección coa N-640 en Vilameá (PK 29+620)-, a mellora que actualmente leva a cabo a Xunta de Galicia nos primeiros 8,8 quilómetros dende Mondoñedo ata Lindín. O tramo da estrada comprendido entre Cruz da Cancela e Riotorto (PK 15+200 ao 23+100) xa está acondicionado, polo que resta por actuar entre Lindín e Cruz da Cancela, e de dende Riotorto ata Vilameá.
O primeiro treito no que se actuará será o que discorre entre o enlace coa A-8 en Lindín e a glorieta da Cruz da Cancela. Os traballos a realizar consistirán na mellora do firme, co fresado e extensións dunha nova capa de rodadura, así como na realización, dentro da zona de dominio público da estrada, de pequenos ensanches naqueles puntos que se precisen. Estas obras iniciaranse no vindeiro ano.
O seguinte tramo no que se actuará será o que vai dende Riotorto ata Vilameá,mellorando deste xeito a seguridade e comodidade dos veciños de Riotorto ata A Pontenova. Estas obras programaranse unha vez se finalicen os traballos nos primeiros tramos.
Na imaxe indícanse os tramos sobre que se están a desenvolver os dous proxectos construtivos de rehabilitación do firme e ampliación deste vial.
Estas melloras veñen a completar a actuación que na actualidade se está a executar no tramo Mondoñedo-Lindín, obras adxudicadas por un importe de 650.000 euros e que na actualidade se atopan ao 30% do grado de execución.
A Axencia Galega de Infraestruturas ten previsto ademais complementar a actuación con 450 metros de senda peonil á saída de Mondoñedo (PK1+310 ao 1+760), na que se inverterán preto de 60.000 euros.
Con estas obras, axeitadas ao tráfico e requirimentos da estrada, compatibilizarase a mellora do tránsito en condicións cómodas e seguras cunha mínima afección para os veciños e veciñas da zona e dos que utilizan ese tramo para acceder á autovía do Cantábrico. A través deste tipo de actuacións, a Xunta pretende dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas viarias máis seguras e confortables para os usuarios.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



