O Vicedo, 10 de agosto de 2015.- Continúan as actividades de verán esta semana con 2 actividades moi interesantes.
A actividade de mércores de natureza será unha actividade mixta de sendeirismo e kayaks que tivo que ser aprazada polo mal tempo o pasado 29 de xullo. Será este mércores 12 de agosto e comezaremos percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Esta ruta percorre parte do Camiño dos Arrieiros e hai tamén varias mámoas ao longo do percorrido. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.
Por outra banda, o xoves teremos unha actividade moi divertida e que ameniza os veráns do Vicedo. Trátase do Karaoke de verán. Na terraza da Casa da Cultura instalarase todo o equipo necesario para pasar unha divertida noite musical. Comezará ás 22h30 e está destinado a adultos e xóvenes.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



