Cervo, 11 de agosto de 2015. O BNG – ASEMBLEAS ABERTAS de Cervo valora como moi positivo o traballo da comisión organizadora da Maruxaina 2015 para lograr que esta festa, declarada de interese turístico de Galicia, se manteña con tal grao de apoio popular. Ademais, considera que o traballo de promoción realizado, a implicación do pobo de San Cibrao e o intento de manter a esencia desta festa non se pode ver empañado por actitudes incívicas por parte dalgunhas persoas asistentes, que en calquera caso non son responsabilidade da comisión organizadora da Maruxaina. Para evitar na medida do posíbel estas actitudes incívicas e minimizar as súas consecuencias, moi especialmente no referente á degradación do medio natural e urbano, desde o BNG – AA pídeselle ao goberno municipal maior implicación na dotación de servizos humanos e materiais. Imaxes como as da mañá e a tarde do pasado domingo, con toneladas de lixo diseminadas por toda a zona urbana, polas praias e mesmo no mar, non deberan repetirse na edición de 2016.
Para o BNG – AA faltou persoal humano que traballara durante a noite, baños públicos en determinadas zonas onde se acumula a xente, así como equipas de limpeza constante que fosen xuntando o lixo en grandes colectores para facilitar o traballo do día seguinte, evitando deste xeito que moreas de lixo chegaran ao mar e tiveran un impacto ambiental nas praias e na zona urbana. Entenden, desde o BNG-AA, que a comisión organizadora non ten a responsabilidade nin a capacidade de encargarse da xestión do lixo. Para a formación nacionalista, este é traballo fundamentalmente do goberno municipal que debe velar por manter a boa imaxe da festa, o coidado do medio e mesmo a declaración de interese turístico que se pode ver afectada de non coidar determinados aspectos claves e esenciais do orixe desta festa. Amais, ao BNG-AA cónstanlle os intentos da comisión organizadora da festa da Maruxaina por reclamar do goberno municipal os medios necesarios para dotar de servizos preventivos que evitaran na medida do posíbel o impacto no medio natural e urbano.
Cómpre lembrar que a comisión organizadora da Maruxaina está integrada por persoas voluntarias que fan un traballo desinteresado e altruísta por promocionar a festa, acumular xente do pobo para traballar e organizar todo o necesario para que se leve a cabo ano tras ano coa mellor vontade.
Se ben as actitudes pouco cívicas dalgunhas persoas son, desgraciamente, habituais neste tipo de eventos masivos aos que acoden milleiros de asistentes, as consecuencias destas actitudes poderían preverse e minorarse se existise unha maior implicación do goberno municipal, poñendo os medios materiais e humanos necesarios tal como sucede noutras festas masivas que mesmo contan con moita maior asistencia de público.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



