Viveiro, 11 de agosto de 2015.- SON VIVEIRO denuncia a escaseza de instalación deportivas e, co fin de darlle solución a este problema, presentou no Concello unha Moción para o seu debate no próximo Pleno na que manifesta a necesidade de facer da actividade deportiva un apartado preferente na política municipal, por varias razóns: como complemento da saúde, como divertimento, como competición e tamén como actividade de ocupación de tempo libre de todas as veciñas e veciños, moi especialmente da xuventude que, na actualidade, está saltando ás instalacións pechadas, co conseguinte risco que isto supón para a súa integridade. Trátase de recintos aos que non podería acceder unha ambulancia no caso de producirse un incidente que requirise dos seus servizos.
Na súa proposta, denuncia o paradoxo que supón que, mentres o Concello non dispón de instalacións onde realizar as actividades deportivas coas que satisfacer a demanda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten as súas infrautilizadas, pechadas tanto en horario non lectivo como durante as vacacións escolares.
SON VIVEIRO propón que se busque un acordo entre as dúas Administracións e solicita, así mesmo, a realización dun estudo para buscar un lugar próximo ao casco urbano que cubra as demandas de ocio da mocidade de Viveiro; por exemplo, unha pista única de baloncesto ou unha zona onde poder practicar a monopatinaxe en boas condicións, con garantías para os e as deportistas e sen perigo para o resto de viandantes.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



