Burela, 11 de agosto de 2015.- O concelleiro de Cultura, José Díaz, deu os últimos detalles sobre a organización do I Rastrillo Popular que se celebra o vindeiro domingo, 16 de agosto, en Burela entre as 12 da mañá e as nove da noite. Nesta primeira edición serán 15 os participantes. “La inscripción cerraba ayer, 10 de agosto, y hay 15 participantes. Está muy bien para empezar, porque es una cosa nueva y supongo que la gente quiere ver primero cómo funcionó o cómo va antes de animarse. Me imagino que para próximas celebraciones se podrá hacer con más participación”, sinalou o edil burelés.
O rastrillo celebrarase entre as doce da mañá e as nove da noite do domingo, de maneira ininterrumpida e, segundo Díaz, os veciños están moi animados coa iniciativa: “la gente parace muy animada, nos preguntan por la calle, también por aquí. Aún hay dudas de qué se puede vender y qué no, también sobre el precio de las cosas. Es algo complicado siempre, no estamos seguros de qué precio poner. Nuestra respuesta es que la gente analice el valor de eso que está vendiendo buscando siempre el precio más popular posible, porque mantener precios demasiado caros tampoco procedería. Hay gente que va a vender libros, ropa, artesanía, bisutería, relojes, calzado… Un poco de todo, es un rastro bastante completo”.
Concerto solidario
O concelleiro de Cultura tamén se referiu ao concerto de música africana que terá lugar mañá á noite na Casa da Cultura: “Aba Taano son un grupo de músicos ugandeses, jóvenes, chicos y chicas, que hacen una música muy emotiva. Ya actuaron en muchísimos auditorios de Europa y España y estuvieron en la Expo de Zaragoza representando a África. Merece la pena venir a verles, es un concierto benéfico, cada uno da lo que considere oportuno o pueda. Invitamos a todo el mundo a asistir”.

























Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



