Burela, 31 de agosto de 2015.- Cunha festa concluía este luns a terceira tempada da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela, pola que pasaron durante este verán unha trintena de nenos e nenas. @s pequen@s viviron unha experiencia única en xullo e en agosto “onde a creatividade, a imaxinación e o talento foron os protagonistas, co obxectivo de fomentar as capacidades e habilidades d@s máis pequen@s”, segundo explicou a directora da Escola, Raquel Hermida. Un ano máis o proxecto buscou “orientar os nenos asistentes para que saiban coñecerse mellor, para que saiban o que valen, para que se queiran como persoas e sobre todo, ser felices”.
Concluíu cunha festa a terceira temporada da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña
Concluíu cunha festa a terceira temporada da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña
Relacionado
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada
-
Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva