Barreiros, 8 de outubro de 2015.- O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros”. Coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización da localidade, Ollomao súmase á carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame. Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase esta iniciativa coa pretensión de contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.
Un dos requisitos deste concurso é que as fotografías participantes deben estar realizadas o domingo, 11 de outubro, no tempo de duración da proba deportiva. Asimesmo, as imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento identificativo da carreira. Poderán participar todas as persoas que o desexen, indepentemente da súa idade, dado que non existen modalidades diferenciadas; enviando ata un máximo de 3 fotografías ata o mércores, 14 de outubro incluido ao enderezo electrónico da asociación (colectivo.cultural.ollomao@gmail.com). A foto gañadora, que será elixida mediante procedemento de votación popular na páxina que o Colectivo Cultural Ollomao ten na rede social facebook, estará aberta entre os días 15 e 18 de outubro, e o 19 será dada a coñecer a persoa gañadora. Esta recibirá como premio un vale por unha estadía nunha casa rural.
O Colectivo Cultural Ollomao ten a disposición de todas as persoas interesadas as bases deste certame no seu blog www.blogoteca.com/ollomao, así como habilitadas as canles de correo-e no enderezo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com; e no teléfono 650542932, para resolver calquera dúbida en relación a este certame.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



