Ribadeo, 4 de novembro de 2015. A Concellaría de Igualdade manifesta a súa adhesión e apoio á Marcha Estatal contra as Violencias Machistas que terá lugar o vindeiro 7 de novembro en Madrid e ao manifesto desa xornada. A Marcha, convocada polo movemento feminista, reclama, entre outras cuestións, “que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado, que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita e que a prevención sexa unha política prioritaria”.
O movemento feminista denuncia que desde o 1995 un total de 1.378 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista. No que vai de ano contabilizáronse xa 70 casos de asasinatos de mulleres cometidos por homes: só no verán deste 2015 trinta e sete mulleres e 8 menores morreron a mans das súas parellas, pais ou parellas das súas nais.
O movemento feminista considera que “as violencias, que vivimos en distintos ámbitos, suceden nunha sociedade que tolera a desigualdade, e resta credibilidade e autoridade ás mulleres. O machismo alimenta a nosa desvalorización e a falta de respecto ás nosas decisións”. Este movemento convoca a Marcha Estatal contra as Violencias Machistas este sábado, 7 de novembro, en Madrid, a partir das 12 do mediodía. A mobilización sairá do Ministerio de Sanidade e rematará na praza de España.
A Concellaría de Igualdade de Ribadeo fai unha chamada á participación e á que a poboación tome conciencia de que o machismo mata e fai imposible a convivencia esixible nunha democracia. Mariluz Álvarez Lastra asistirá á marcha do sábado en Madrid e anima “a acudir a calquera persoa que a título individual se queira sumar a esta acción”. E engade que o Concello ribadense organizará diversos actos para conmemorar o 25 de novembro “nos que pretendemos implicar a toda a cidadanía”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



