A Mariña, 4 de novembro de 2015. O venres e o sábado, 6 e 7 de novembro, respectivamente continúa en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. En total son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. A cita prolongarase ata o 28 de novembro.
O venres, 6 de novembro, haberá menú máxico na Parrillada de Jandro en Burela. Alí os que acudan poderán degustar chistes e variñas (tosta de cecina e marmelada de tomate e variña de croquetas variadas), a fada branca (pescada con vichyssoise e crocante de xamón), o clásico Houdini (solombo de porco con redución de ave e crema agre) e chisteira ácida (mousse de limón). Despois da cea actuará o mago Teto.
Tamén o venres haberá menú máxico no Asador en Viveiro. Os asistentes degustarán pedras filosofais (arroz caldoso con ameixas da ría e filloa rechea de grelos ibéricos e setas), peixe enmascarado (pescada do pincho de Celeiro con salteado de tallaríns e froitos de mar), agasallo das fadas (pataca confitada con entraña de tenreira sobre prebe Asador e brotes vexetais) e adiviña adiviñanza (postre O Asador). Nesta establecemento estará o mago Rafa.
Xa o sábado, 7 de novembro, haberá menú máxico no Parador de Turismo de Ribadeo. Os que elixan este establecemento poderán saborear aperitivo Anthony Blake (crema de outono e croquetón de boletus edulis sobre berce de patacas palla), saquiño máxico (sopa de peixe en chisteira de hojaldre), músculo da risa (queixada de porco estufado con viño mencía e saquiño de verduras) e do caixón doce (soufflé de chocolate negro sobre prebe de mora). No Parador de Turismo actuará o sábado o mago Rafa.
E no restaurante O Noso Lar, de Cervo, o menú máxico estará composto de: ritual de benvida (variedade de croquetas e pementos de piquiño recheos), peixe do diaño (pescada á biscaíña), divina profecía (solombo de porco ibérico con prebe de cabrales) e bruxería (tiramisú). O mago Teto será o encargado de amenizar a velada coa súa maxia.
O prezo dos menús máxicos mais actuación é de 25 euros por persoa e inclúe as bebidas: auga mineral, viño tinto ou branco, café ou infusión. As cenas darán comezo ás dez da noite.
O calendario de actuacións pode consultarse na páxina web: www.mesdamaxia.com. As reservas poden facerse directamente nos restaurantes participantes, como mínimo, con 24 horas de antelación. O Mes da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e de Distribuciones Carreiras.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



