Foz, 4 de novembro de 2015. O pleno da corporación de Foz aprobou na noite de onte a proposta da Alcaldía para instalar no Camiño da Granda a nova depuradora de augas residuais. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, amosouse este mércores moi satisfeito con este paso adiante e chama á oposición que non secundou a proposta, así como aos veciños, a participar na comisión de seguimento que se vai crear e a traballar unidos para que a infraestrutura pode ser unha realidade o antes posible.
“Queremos facer unha valoración moi positiva do pleno deste martes, porque o punto máis importante, que era a proposición da nova localización da depuradora, saíu adiante cos cinco votos favorables do Partido Popular e os tres de Foz Plataforma de Futuro e cos votos en contra do PSOE e do BNG. É ben certo que o que quere agora mesmo o grupo de goberno é que este asunto se tome por parte de todos os concelleiros e veciños coa seriedade que merece e sigamos traballando xuntos e que todos aqueles que non deron a confianza a esta localización se embarquen na comisión de seguimento da depuradora. Vaise traballar para que Augas de Galicia faga un bo traballo nese anteproxecto da nova depuradora e esperamos que cantos máis se sumen a traballar en positivo sobre esta localización nova, moito mellor”, valorou o alcalde.
Castiñeira lembrou que “foron necesario moitos anos para sacar adiante esta localización” e chama ao apoio do resto dos actores implicados para que o proxecto sexa pronto unha realidade. “Queremos que o traballo serio e rigoroso que se fixo nestes últimos meses para buscar unha nova localización continúe e que Augas de Galicia se comprometa a facer canto antes ese anteproxecto. O noso compromiso é de máxima transparencia, de que esa comisión de seguimento formada por políticos e veciños teña a importancia que se merece para que proxecto siga o seu ritmo e que non estea estancado como nestes últimos anos”.
O rexedor municipal declárase “contento” e con “ánimo e afán conciliador sumando esforzos”. “Conseguimos sumar o esforzo de Foz Plataforma de Futuro, á que lle agradezo que tomara coa seriedade que se merece o compromiso electoral que tivo de sacar as cousas importantes de Foz adiante, sen partidismos nin personalismos. Espero que a ese mesmo tren se apunten tamén tanto PSOE como BNG, porque a intención nosa dende logo é que cantos máis apoios, mellor. Agardo un apoio unánime”, rematou Javier Castiñeira.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



