Burela, 12 de novembro de 2015.- Familias procedentes de Madrid, Asturias e Santiago descubrirán Camiño Norte. Feitizo da Natureza no seu percorrido da ruta xacobea pola Mariña ao longo de toda a fin de semana. Co apoio da Mancomunidade da Mariña Lucense e a colaboración da Asociación de Amigos do Camiño Norte, a Fundación Imdecum inaugurará mañá a xuntanza coa recepción dos participantes no Centro de Interpretación e Información do Camiño Norte en Mondoñedo.
O acto inaugural, previsto para as 19.30 horas, contará coa presenza do presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, e do seu homólogo en Imdecum, Marcelino Luna, así como do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, e as alcadesas de Mondoñedo, Elena Candia, Trabada, Mayra García, e Lourenzá, Rocío López, entre outros; tamén participarán na cita María Regla Rico, membro da Comisión Xacobea do Principado de Asturias e presidenta da Asociación de Amigos do Camiño Norte de Valdés-Luarca, e o deán da catedral de Mondoñedo, Pedro Díaz.
Antes de calzar as botas de montaña para comezar co camiño a primeira hora do sábado, a catedral de Mondoñedo será o primeiro destino para os peregrinos, mañá pola tarde, tras a apertura oficial da irmandade en familia. Os protagonistas percorrerán as etapas de Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín coa Fundación Imdecum, xunto á variante marítima facendo parada obrigada na praia das Catedrais e na basílica de San Martiño de Mondoñedo, ademais da ruta que une Abres con Lourenzá a través de Trabada.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



