A invención da primeira vacina, a da varíola, realizada por Edwuard Jenner aló polo ano 1796 supuxo un fito na loita contra a enfermidade. A partir dese momento, foron xurdindo vacinas para as enfermidades mortais ou con graves secuelas tales como tifo, tétanos, difteria, tosferina, tuberculose, poliomielite, etc …, o que proporcionou unha batería de ferramentas moi valiosas para poder loitar contra estas enfermidades e as súas devastadoras consecuencias. Estas novas armas á disposición dos médicos, deron como consecuencia unha importante diminución da mortalidade infantil e un aumento da esperanza e calidade de vida, pero só estaban dispoñibles para un pequeno sector da poboación, aquel que tiña os recursos suficientes para sufragalo gasto económico destas vacinas.
Co transcorrer do tempo, en España iniciáronse campañas de vacinación que non foron de carácter obrigatorio ate os anos 20 por mor dunha epidemia de varíola, despois desta etapa de campañas, nos anos 70 implementanse os calendarios vacinais, incidíndose na prevención temperá ao realizala naqueles grupos de maior risco como son os nenos/as dende case o nacemento. En España, estas vacinacións sufragadas polo erario público, supuxeron un gran avance non só en saúde e diminución drástica da mortalidade infantil, senón en igualdade de oportunidades, posto que calquera familia tiña ao seu dispor, de xeito gratuíto, a oportunidade de inmunización ou polo menos de minimizalos riscos e secuelas de moitas enfermidades.
A Constitución Española, no artigo 43 de protección da saúde, no seu punto primeiro recoñécelle aos cidadáns españois o dereito á protección da saúde e no segundo, establece que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios.
O Convenio sobre os Dereitos do Neno, aprobado pola ONU e ratificado por España, establece no artigo 6, que os Estados asinantes recoñecen que tódolos nenos teñen dereito intrínseco á vida e garantirán na máxima medida posible a supervivencia e o desenvolvemento do neno.
Existe dende fai meses un colectivo denominado “Plataforma de Cidadáns pola Saúde – Vacina XA”, que se mobiliza para recordarlle aos poderes públicos os deberes de protección que teñen coa cidadanía e en especial na protección da saúde e a prevención da enfermidade e esixen destes poderes, que introduzan a vacina contra a meninxite B de xeito universal e gratuíto para tódolos cidadáns, tendo en conta que neste ano xa morreron dous veciños de Arteixo e outro en Boiro. Dende esta plataforma son conscientes de que o eido municipal non ten case competencias a nivel sanitario e que a Xunta de Galicia non é quen de modificar unilateralmente o calendario vacinal, pero recórdanos que os Grupos Municipais dos concellos, están formados por veciños e veciñas, e son os representantes políticos da administración máis próxima á cidadanía, por iso nos piden que sexamos os valedores da súa causa ante os Gobernos da Xunta de Galicia e o Goberno de España, propoñendo, para aprobar polo pleno municipal, os seguintes ACORDOS:
– Instar ao Goberno de España para que curse orde ao Ministerio de Sanidade para que a vacina da Meninxite B, sexa incluída de xeito inmediato no calendario vacinal.
– Instar á Xunta de Galicia para que, no caso de que o Ministerio de Sanidade non acepte a inclusión inmediata da vacina contra a Meninxite B, instaure unha nova experiencia piloto coa implantación da vacina da Meninxite B.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



